AS FAMILIAS TAMÉN CONTAN |
No mes de maio recibimos moitas visitas:
O día 3 veu a visitarnos e contarnos moitos contos
MILAGROS
a mamá de
CANDELA
traía con ela:
|
PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO 2014/2015 |
"ARREDOR DOS MUÍÑOS" é o Proxecto Documental Integrado (PDI) que estamos levando a cabo no cole neste curso 2014/2015.
Para acceder ao documento preme no título do Proxecto ou no arquivo adxunto.
Un saúdo a todos e todas.
Liatantoscontos
|
RECOMENDACIÓNS LECTORAS |
AQUÍ VOS DEIXAMOS AS RECOMENDACIÓNS LECTORAS DE TODOS OS CENTROS DE A ESTRADA,ESPERAMOS QUE APROVEITEDES NESTE TEMPO
DE NADAL PARA LER MOITO.
BOAS FESTAS .
|
RADIO CODESEDA |
Este ano tivemos a sorte de contar co profe Alberto facendo as prácticas,tivo a gran idea de facer un programa
de radio cos alumnos de 4º de Primaria.Aquí podedes ver o resultado.
CAMIÑO DE SANTIAGO: Grupo constituído por Carlota, Adrián e Aaron.
A Igrexa de Codeseda: Marco, Rodrigo e Noemi.
A capela da Grela: Carla, Anxo e Junior
A carballeira da Feira: Xiana, Pablo e Xoán.
|
Recomendacións lectoras |
Os centros Plambe de A Estrada:
Ceip Plurilingüe de Oca, Ceip de Figueiroa ,Ceip O Foxo e Ceip Cabada Vázquez,
elaboramos a seguinte guía coas recomendacións lectoras:
|
ÁRBORE e POSTAIS DE NADAL 2015 |
Este ano celebramos no noso cole o Nadal tendo como referencia o PDI, que como sabedes, este ano é "ALOUMIÑOS DE MEL".
Proba diso aí vos queda unha fotografía da nosa orixinal árbore de Nadal.
Tamén nestas datas e como todos os anos organizamos no cole o Concurso de Postais de Nadal. Xa imos pola V edición, aquí vos queda unha mostra dos traballos presentados.
Liatantoscontos
|
Semana do Libro |
Esta semana no noso Centro adicamos un ratiño do noso
tempo a lecturas relacionadas coa Diversidade,tales como,
"UNHA PARELLA DIFERENTE" , "ORELLAS DE BOLBORETA" , ou
"ELMER".Os nenos e nenas de 3º e 4º encargáronse de facer
as lecturas aos compañeiros dos outros cursos.Ímosvos
amosar unhas imaxes que plasman estes momentos.
Noemí e Marco :
Pablo e Aarón :
|
As mochilas viaxeiras están en marcha |
Ola a todos e todas!!
Só escribo para dicirvos que estou moi contenta porque xa están en marcha as mochilas viaxeiras de todas as aulas!!
Espero que desfrutedes moito con elas na compaña das vosas familias!
Aquí podedes acceder ao contido da mochila da aula de 3 anos, a modo de exemplo.
Saúdos.
Liatantoscontos
|
SE EU FOSE |
|
MOCHILA VIAXEIRA 3 ANOS 2015/2016 2ª volta |
Despois do éxito da primeira mochila deste curso, comezamos coa segunda volta.
Aquí ou no arquivo adxunto podedes ver o contido desta segunda mochila.
Que a desfrutedes moito!!
Vólvesa adxuntar o calendario para que ninguén se despiste...
Saúdos.
Liatantoscontos
|
Mochilas viaxeiras |
A primeira mochila viaxeira de este curso rematou a súa andaina polo grupo de 5º.Á volta das vacacións de Nadal,comenzará a viaxe de outra.
|
O ENTROIDO "EN FEMININO" |
Este ano no CEIP Cabada Vázquez quixemos unir o noso proxecto da Biblioteca " En feminino " co lema de Bibliotecas Escolares " Biblioteca Territorio das Artes e as Ciencias" polo que os nosos disfraces empezaron por "VALENTINA TERESHKOVA" ,"SUPERHEROÍNAS" " MULLERES NA HISTORIA","MULLERES NO CINE","ESCRITORAS E PINTORAS" ata os alumnos e alumnas de 6º,con "MULLERES NA MÚSICA".
Tivemos a oportunidade de coñecer un pouquiño máis a mulleres como María Pita, Isabel a Católica, Pepa a Loba,CLeopatra,A Pasionaria,personaxes do cine como A Princesa Leia,Dorothy (Mago de Oz),Hermion,Lara Croft;escritoras como Rosalía de Castro ,Gloria Fuertes; pintoras como Maruja Mallo o Frida Kahlo,e mulleres da música como As Leilía, María Callas,Sés,Azucar Moreno,Shakira ou Tina Turner.Deixámosvos unha pequena mostra .
|
Tríptico verán 2018 |
No verán temos moito tempo de lecer .No Ceip Cabada Vázquez esperamos que o ocupedes coa lectura. Por iso aí vos van algunhas das recomendacións lectoras para este período de vacacións.
|
NUBA E O LIBRO VIAXEIRO |
Ola familias!!
Os nenos e nenas da aula de 3 anos, a partir deste venres, imos levar a NUBA e o LIBRO VIAXEIRO á casa para pasar a fin de semana con nós.
No LIBRO VIAXEIRO podedes contarnos con texto, debuxos e/ou fotografías o ben que o pasou NUBA na nosa casa!!
|
Letras galegas na casa e ...no mundo! |
|
COMENZA O ENTROIDO COAS COMANDAS |
TERCEIRA COMANDA DE LIATANTOSCONTOS :
|
Se queremos podemos! |
Por fin chegaron as vacacións de Semana Santa, estabamos desexándoo, porque despois de este duro trimestre boa falta nos facía
este merecido descanso.
E como remate e seguindo co noso proxecto "EN FEMININO", hoxe tivemos a sorte de contar coa visita dunha muller que leva a cabo unha profesión "considerada de homes". Visitounos Saly Torres Nogueira, quen con esforzo e tesón e co apoio do seu pai, conseguiu desempeñar a profesión que realmente lle gustaba : "palista".
Disfrutamos moito da súa compaña e animounos a todos e todas a non abandonar os nosos soños. O seu lema era: " traballo, esforzo e ilusión", e di que con eses ingredientes podemos conseguir ata onde desexemos.
Para rematar Saly preparou o campo de arriba e plantamos árbores frutais.
Agradounos moito a súa visita , porque ademais de palista e actriz como afección é moi boa comunicadora
Grazas Saly
|
CELEBRAMOS O DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO |
|
ENTROIDO 2018 |
|
Inicio de Curso 2018/2019 |
Como é costume o curso no noso cole comeza cunha festa de benvida para todos e todas.
Nesta ocasión contamos coa inestimable colaboración de Paco Nogueiras co seu espectáculo BRINCA VAI!.
Pasámolo xenial. Aquí vos amosamos algunhas das imaxes que o demostran:
|
COMENZAMOS O ENTROIDO |
E PARA REMATAR AS COMANDAS DE LIATANTOSCONTOS :
|
AS FAMILIAS TAMÉN CONTAN |
Os pasados 17 e 18 de marzo tivemos con nós a
BEGOÑA
a mamá de
LARA
|
e a |
MONTSE
a mamá de
GERMÁN
|
|
LIBROS DOS VENRES. AULA 3 ANOS. |
Ola familias.
Os nenos e nenas de 3 anos a partir desta semana, os venres, levaremos para a casa un conto da Biblioteca.
O libro deberá volver ao cole no mesmo estado no que vai para a casa.
|
V Concurso Postais Nadal |
Ola a todos e todas!!
Benvidos de novo á escola!!
e
FELIZ 2016!!
Ademais de felicitarvos o ano quero publicar aquí a postal seleccionada no "V Concurso de Postais do Ceip Cabada Vázquez", organizado pola Biblioteca e o EDLG.
O autor da mesma é Roberto, da aula de Infantil de 4 anos.
|
Horario Biblioteca 2015/2016 |
Aquí ou premendo no ficheiro adxunto podes consultar o horario da Biblioteca para este curso.
Vémonos!!
Liatantoscontos
|