AXUDAS MATERIAL ESCOLAR CURSO 23-24

No DOG do venres, 19 de maio de 2023, saíu publicada a Orde do 10 de maio de 2023, na que se convocan axudas para libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado de educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial matriculado nos centros docentes sostidos con fondos públicos.

Forma de presentación: As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (ED330B-anexos I e II) accesible desde a sede electrónioca da Xunta de Galicia, htps://sede.xunta.gal

Opcionalmente, poderá presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Para a presentación electrónica de solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

PARA A PRESENTACIÓN NO CENTRO PODERÁN DESCARGAR OS ANEXOS I E II DIRECTAMENTE DA APLICACIÓN DE FONDOLIBROS E ENVIALA POLO ALUMNADO OU ACUDIR PRESENCIALMENTE, PARA O CAL DEBERÁN CHAMAR ANTES POR TELÉFONO.

Prazo de presentación:

O prazo para presentar solicitudes iniciarase o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 21 de xuño de 2023 (este incluído).

Distribuir contido