DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

25 NOVEMBRO

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

En lembranza a todas aquelas mulleres que desgraciadamente seguen a sofrir o maltrato, a discriminación e a violencia por parte das súas parellas, desde o centro quixemos

celebrar hoxe esta conmemoración con algunhas actividades que cada aula escolleu. Este ano, entre os actos programados, gardouse un afectuoso minuto de silencio

en recordo de todas elas e no que participou todo o alumnado e profesorado do centro

 

Como prato forte deixámosvos esta videomontaxe onde participan as mulleres que representan aos diferentes sectores da nosa comunidade educativa.

Foi moi laborioso, pero coa colaboración de todas, esperemos que sirva para concienciar sobre a gravidade do problema a toda a cidadanía.

MOITAS GRAZAS A TODAS POLA VOSA APORTACIÓN!!!

 

 

 

( categories: )

Samaín 2022

 

Aquí vos deixamos unha pequena mostra dos diferentes obradoiros que este ano fixemos. Cociña e manualidades para os de infantil, primeiro e segundo, mentras que os de 3º, 4º, 5º e 6º, desfrutaron dos obradoiros de maquillaxe e baile. 

 

( categories: )

Celebramos o día do Sorriso, 7 de outubro

Como novidade, este ano decidimos celebrar o día do Sorriso. A razón pode parecer absurda pero para nós resultou moi gratificante. A nosa compañeira e mestra de infantil, Thalía Troitiño González, non só ven de aprobar as oposicións ao corpo de mestres neste verán pasado, senón que tamén se estreou na eloxiosa labor de crear un libro para público infantil.  "O poder máxico do sorriso" é o título desa obra que presentou o mes pasado no seu concello, en Silleda, e neste día tivemos a boa idea de convidala a que compartise con nós a súa experiencia como xove creadora.

Nesta actividade, colaborou o alumnado da materia de Valores sociais e cívicos de sexto curso de primaria. 

Moitas felicitacións a todas (Jamila, Fátima e Danna) e moi en especial á nosa ESCRITORA, Thalía. 

TEQUEXETÉLDERE DESPERTA EMOCIÓNS ENTRE O NOSO ALUMNADO

CONCERTO DIDÁCTICO

Este xoves tivemos a sorte de recibir a visita de Xian e Suso, grandes mestres da música tradicional, quenes fixeron unha demostración dos instrumentos galegos que poidamos aprender na asociación cultural TEQUEXETÉLDERE donde son mestres!!

Distribuir contido