blogue deadmin-contidos

FESTA de NADAL

Enviado por admin-contidos o Xov, 07/12/2023 - 20:00

 

O día 21 celebramos no Carballal a FESTA de NADAL. Rematou o 1º trimestre do curso e tamén rematou este ano 2023. Celebrámolo como tódolos anos por estas datas cunha festa na que levamos a cabo diversas actividades nas que a boa sintonía, a colaboración, a empatía e socialización, a convivencia e as boas relacións cos nosos compañeiros e compañeiras doutros niveis foron o eixo central e o que queríamos por en valor neste día tan especial para todos e todas.

A elaboración duns bombóns, o disfrute dunha película e a confección dunha simpática e divertida figuriña móbil navideña que puideron levar para casa foron do agrado e disfrute de todo alumnado. 

FESTIVAL de MUSICA de INVERNO

Enviado por admin-contidos o Mér, 06/12/2023 - 20:00

 

Chegadas estas datas tan próximas a NADAL, como tódolos anos...

celebramos o noso FESTIVAL MUSICAL de INVERNO.

Este curso o pasado día 19 de decembro, baixo a dirección do mestre de Música Antón, todo o alumnado e por grupos, desde Infantil ata 6º de Primaria, interpretaron para todas e todos nós pezas musicais instrumentais e cantadas no escenario do ximnasio. Os de 6º ademais tíñannos tamén gardada unha sorpresa final pois levaron a cabo ao rematar o Festival no medio da pista un baile de rap, nas que puxeron en xogo todas as súas boas aptitudes ximnásticas.

Despois compartimos un tempo todos xuntos cunha "merendola" con produtos navideños nos que colaboraron todas as familias.

 

 

Educando na DIVERSIDADE: visitamos o centro ASPANAEX

Enviado por admin-contidos o Lun, 04/12/2023 - 20:00

0 día 15 de decembro, o alumnado de 1º Ciclo de Primaria levamos a cabo unha visita ao centro ASPANAEX, Centro de educación especial no que se atende a alumnado de 3 a 21 anos con discapacidade intelectual, plurideficiencia e trastornos xeralizados do desenvolvemento. Tamén é un centro de día para persoas maiores de 21 a 50 años e centro de terapia ocupacional que atende a persoas de 21 a 55 anos.

Tivemos unha xornada de convivencia na que coñecimos as súas instalacións, puidemos disfrutar da súa aula sensorial, participamos dunha actividade artística co seu alumnado, unha merenda e un tempo de xogos final.

   
   
   

Ximnasia Acrobática

Enviado por admin-contidos o Dom, 03/12/2023 - 20:00

O 13 de decembro o alumnado de 1º a 6º de Primaria participou no ximnasio do mesmo centro nunha actividade de difusión da ximnasia acrobática a cargo de dous monitores do Club Deportivo Flic-Flac.

Un curso máis puxemos en marcha esta actividade para dala a coñecer e promocionala entre o noso alumnado pois é unha proposta que se fai dunha maneira totalmente lúdica e dinámica, con actividades que facilitan a a adquisición e afianzamento do esquema corporal, a orientación espacial, o control corporal, a concentración e a superación de temores.

   

BAIXO O MESMO PARAUGAS!

Enviado por admin-contidos o Sáb, 02/12/2023 - 20:00

Domingo 3 de decembro…

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Incluir a persoas con discapacidade nas actividades cotiás e animalas a que teñan roles semellantes aos que non teñen discapacidade é un obxectivo máis do noso Proxecto Educativo de Centro.

 É por iso que celebramos este día coa realización de diversas actividades na aula e conxuntas de todo o alumnado, educando así no obxectivo que como sociedade temos de que toda persoa poda acadar os mesmos dereitos á hora de participar nos roles e actividades da vida que son socialmente previstos en todas as facetas da nosa vida, así como tamén inclúe utilizar os servizos e recursos públicos e relacionarse con outras persoas e disfrutar todo tipo de actividades do día a día. 

NON é NON

Enviado por admin-contidos o Ven, 01/12/2023 - 20:00
No noso PEC (Proxecto Educativo de Centro), a celebración do DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER é unha data silada, e é por iso que está desde os seus comezos na nosa Programación Xeral Anual. Desde a escola levamos a cabo con todo o alumnado todos os anos unha serie de actividades de educación e concienciación, colaborando con toda a sociedade na procura da eliminación desta lacra social. Entre TODAS e TODOS poderemos chegar algún día a que esta data xa deixe de formar parte dun dos obxectivos nas nosas programacións escolares.
 

CAMPIONATOS ZONAIS DE CROSS Tempada 2023/24

Enviado por admin-contidos o Xov, 30/11/2023 - 20:00

O día 23 de novembro celebrouse na zona de Zamáns unha das xornadas dos Campionatos zonais de Cross da presente tempada 2023/24 para nenas e nenos de 2º a 6º de Primaria. 

Os resultados foron moi bos en xeral entre o noso alumnado participante nas categorías masculina e feminina, obtendo un 1º posto, outro 2º e un variado número de postos entre o 3º e o 8º.

   
   
   
   

Carreira solidaria de LOITA CONTRA a LEUCEMIA

Enviado por admin-contidos o Sáb, 25/11/2023 - 20:00

O 17 de novembro celebramos no colexio a 1ª carreira solidaria de loita contra a leucemia. Coa presenza das familias do alumnado que tamén puideron participar, desenvolvéronse as diferentes carreiras dos cursos de Infantil e Primaria. Nun pequeno circuito preparado no interior da pista cuberta desenvolvéronse as carreiras de 3, 4, 5 anos de Infantil e 1º e 2º de Primaria. Máis tarde, despois dun tempo de espera para ter pechado á circulación de vehículos no exterior do centro, tivo lugar a carreira dos máis maiores polos arredores, nas categorías de 3º, 4º, 5º e 6º. 

A ANPA levou a cabo ese día unha recolecta para recadar fondos con este fin solidario entre o alumnado e as familias. Agradecemos a todos e todas as doacións recibidas que serán unha axuda nesta loita, e tamén a vosa participación nesta xornada.

 

SAMAGOSTÍN 2023

Enviado por admin-contidos o Sáb, 25/11/2023 - 20:00
Coa colaboración da ANPA este curso celebramos o SAMAÍN-HALLOWEEN e o MAGOSTO conxuntamente, nunha xornada festiva de inclusión, convivencia, con disfraces, xogos tradicionais e merendola; e con degustación final da nosa querida castaña asada. 

 

Día das BIBLIOTECAS ESCOLARES

Enviado por admin-contidos o Ven, 24/11/2023 - 20:00

25 de outubro celebramos o día das BIBLIOTECAS ESCOLARES.

Celebrámolo, disfrazándonos de personaxe de ficción ou autor de libros.

     E como todos os anos...

disfrutámolo moooooito!!
Distribuir contido