blogue deadmin-contidos

Celebración do DÍA EUROPEO do DEPORTE ESCOLAR.

Enviado por admin-contidos o Xov, 23/09/2021 - 19:00

DÍA EUROPEO DE DEPORTE ESCOLAR

Enviado por admin-contidos o Xov, 23/09/2021 - 19:00

O pasado día 24 de setembro celebrámolo Día Europeo do Deporte Escolar con todo o alumnado. A xornada comezou cunha coreografía nas aulas e continuou no patio a partir das 9:30 cunha rotación por diversos deportes e xogos no que todos e todas disfrutaron da actividade deportiva, fundamental para o benestar físico, mental e social que deben ter todas as persoas.


Día Europeo do Deporte Escolar 2021 - Kizoa Movie Maker

ENTREGA DE PREMIOS DO XV CERTAME LITERARIO

Enviado por admin-contidos o Mar, 06/07/2021 - 11:19

O martes 22 de xuño, co gallo da
celebración do final de curso 2020-2021, celebrouse tamén como outros anos o acto de
entrega de premios aos gañadores e gañadoras das distintas categorías do XV
CERTAME LITERARIO, organizado polo noso colexio e dirixido a toda comunidade
educativa. Premede en CARBI, e accederedes á montaxe audiovisual que vos
preparamos.

ACTO DE ENTREGA DE PREMIOS XV CERTAME LITERARIO CARBALLAL-CABRAL

Enviado por admin-contidos o Mar, 06/07/2021 - 10:07

O pasado martes día 22, co gallo da celebración das actividades de peche do presente curso escolar 2020-2021, fixemos entrega dos premios aos gañadores e gañadoras do XV CERTAME LITERARIO que organiza o centro.

ENTREGA DE PREMIOS DO XV CERTAME LITERARIO

Enviado por admin-contidos o Mér, 23/06/2021 - 19:00

Co gallo da celebración do fin de curso 2020/21 o 22 de xuño, celebrouse tamén como outros anos o acto de entrega de premios aos gañadores e gañadoras das distintas categorías do CERTAME LITERARIO, organizado polo noso colexio e dirixido a toda comunidade educativa.

Premede en CARBI, e accederedes ao «Espazo Máxico de Carbi», onde poderedes ver a montaxe audiovisual da entrega de premios.

                            

   XV CERTAME LITERARIO    

 

CELEBRAMOS O FIN DE CURSO CON «MAIMIÑAS»

Enviado por admin-contidos o Mar, 22/06/2021 - 19:00

 O pasado día 22 de xuño celebramos o derradeiro día deste curso escolar tan diferente a outros con Mai e Miña:

«As Maimiñas»

Dúas mulleres que comezaron a súa andaina musical no ano 2013 e que se definen como moi festeiras, verbeneiras e divertidas, ás que lles encanta facer improvisación e moito teatro enriba do escenario. Con elas disfrutaron moito o alumnado de Infantil e Primaria cantando e bailando durante toda a súa actuación.

BANCO DE ALIMENTOS - VIGO

Enviado por admin-contidos o Xov, 10/06/2021 - 04:47

O pasado xoves día 3 recibimos a visita de Iván Martínez, vicepresidente do Banco de Alimentos de Vigo.

 

Coa súa visita puidemos coñecer que os bancos de alimentos naceron en EE. UU en 1967 como unha iniciativa privada, concretamente de A. Van Hangel, quen creou en Phoenix ( Arizona) o primeiro Banco de Alimentos . A iniciativa pasou a Canadá e de alí a Francia onde en 1984 xurdiu o primeiro Banco de Alimentos europeo. En España foi en Barcelona a cidade pioneira na que en 1987 estableceuse o primeiro Banco de Alimentos.

Con respecto ao Banco de Alimentos de Vigo, o seu vicepresidente, informounos que a súa principal recollida céntrase en alimentos, pero tamén recollen comida para bebés e cueiros.

Comentounos que a pobreza nos fogares tamén é enerxética, polo que solicitan dos doantes alimentos que xa veñan elaborados, é dicir que os poidan comer en frio ou quentalos moi pouco.

O Banco de alimentos de Vigo repartiu 1.800 toneladas de alimentos en 2019. Ese mesmo ano fíxose unha recollida que alcanzou o 315.000 kg, axudando a 150 colectivos sociais e 25.000 persoas ao día.

Moitas grazas por ensinarnos o gratificante que é traballar polo demáis!!

 

OS MAIOS.

Enviado por admin-contidos o Xov, 06/05/2021 - 07:55

 

Igual que fixemos o ano pasado, este ano, convidámosvos a celebrar os maios a distancia.

Facédenos chegar as vosas fotografías.

Clicade na imaxe para coñecer as propostas e a data límite

Grazas pola colaboración.

No cole xa empezamos. Mirade....

 

LETRAS GALEGAS 2021: XELA ARIAS

Enviado por admin-contidos o Xov, 06/05/2021 - 07:46

 

Maio, o mes das flores e das letras, vén vestido de muller, este ano a

homenaxeada nas Letras Galegas é Xela Arias.

 

CLICADE NA IMAXE PARA COÑECER MELLOR A  HOMENAXEADA.

 

 

 

PROGRAMA ESCOLAR DE FOMENTO DE CONSUMO DE FROITAS 2020-2021

Enviado por admin-contidos o Mér, 05/05/2021 - 19:00

Distribuir contido