blogue deadmin-contidos

Inauguramos a nosa BIBLIOTECA!

Enviado por admin-contidos o Xov, 23/11/2023 - 20:00

Comezamos un novo curso escolar e chegado este 6 de outubro de 2023,

damos comezo a un novo PROXECTO DE BIBLIOTECA:

 "REVOLUCIÓN DOS CARAVEIS"

 50 anos dunha revolución pacífica.

 

 

PATIOS DINÁMICOS NOS RECREOS DO CARBALLAL!

Enviado por admin-contidos o Mar, 30/11/2021 - 20:00

Patios Dinámicos é unha estratexia educativa inclusiva que traza liñas de actuación en torno ao xogo utilizando o recreo escolar como contexto do desenvolvemento. E que ten a peculiaridade de ser un programa adaptábel a cada centro educativo e ás características persoais do alumnado.

XORNADA DE CAMPO A TRAVÉS 2021

Enviado por admin-contidos o Mar, 23/11/2021 - 20:00

O pasado 24 de novembro os cursos 2°, 3°, 4°, 5° e 6° de primaria desprazáronse ata o recinto ferial de Zamáns para desfrutar dunha xornada de Campo a través competindo con outros centros escolares da zona. A experiencia foi moi positiva: o alumnado disfrutou das carreiras e da animación do entorno. Agardamos repetir o vindeiro curso!!                                                                                                                                             

25N: DÍA INTERNACIONAL DE ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER.

Enviado por admin-contidos o Xov, 04/11/2021 - 20:00

MAGOSTO 2021

Enviado por admin-contidos o Mér, 03/11/2021 - 20:00

O pasado día 12 de novembro celebramos o magosto con xogos e unha merendola de castañas asadas. O tempo acompañou e o disfrutamos un montón!

 

 

 

Celebración do DÍA EUROPEO do DEPORTE ESCOLAR.

Enviado por admin-contidos o Lun, 01/11/2021 - 17:10
O pasado 24 de setembro celebrámolo Día Europeo do Deporte Escolar, coa realización dunha xornada de multideporte ata a hora do recreo, dirixida a todo o alumnado. Comezamos cunha coreografía nas mesmas aulas que serviu de quecemento e, entorno ás 9:30 baixamos ao patio para facer práctica deportiva conxunta rotando por unha serie de deportes e xogos.    
 

SEMANA da IGUALDADE

Enviado por admin-contidos o Ven, 29/10/2021 - 20:00
A semana do 2 ao 5 de novembro celebramos no colexio a SEMANA DA IGUALDADE NO CARBALLAL, organizada pola ANPA en colaboración co centro.
Durante o longo da semana realizáronse diversas actividades con tódolos grupos de Infantil e Primaria: teatro, contacontos, cine, xogos, charlas…, encamiñadas a traballar a igualdade dende as primeiras idades para conseguir entre todos e todas unha sociedade máis xusta e mellor.

EXPOCABAZAS DE SAMAÍN-HALLOWEEN 2021

Enviado por admin-contidos o Xov, 28/10/2021 - 19:00
Un curso máis, e grazas á colaboración das familias, aquí tedes o resultado da exposición celebrada no colexio co gallo da celebración do Samaín-Halloween 2021.

Celebrando o DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES.

Enviado por admin-contidos o Xov, 21/10/2021 - 19:00

 

Co gallo da celebración o 24 de outubro do «Día das Bibliotecas Escolares», levamos a cabo o venres 22 o maratón de lectura do libro FAFARRAIOS no que participou todo o alumnado. Este curso tampouco puidemos levar a cabo a emisión de lectura en directo como en anteriores edicións polo protocolo COVID, pero estamos seguros de que a gravación que podedes ver a continuación (premendo na imaxe) e que tedes a vosa disposición no blog da Biblioteca «O ESPAZO MÁXICO DE CARBI», será do voso agrado.

INAUGURAMOS A BIBLIOTECA!!

Enviado por admin-contidos o Mar, 05/10/2021 - 19:00

O día 6 de outubro levamos a cabo a inauguración da Biblioteca escolaR, e na que neste curso traballaremos no proxecto: «RESIDUOS CERO CON CARBI».*Preme na imaxe.

Distribuir contido