Consello escolar

INFORMACIÓN SOBRE AS ELECCIÓNS PARA A RENOVACIÓN DOS MEMBROS DO CONSELLO ESCOLAR

 

 

 

Este ano haberá eleccións para a renovación parcial dos membros do Consello Escolar do centro. A continuación tedes acceso a distinta información sobre o proceso.

 

CIRCULAR INFORMATIVA PARA AS FAMILIAS SOBRE A CONSTITUCIÓN DA XUNTA ELECTORAL.

NORMATIVA REGULADORA DOS CONSELLOS ESCOLARES E CIRCULARES ACLARATORIAS

Decreto 92/1988, do 28 de abril, polo que se regulan os órganos do goberno dos centros públicos de ensino non universitario. (DOG, 29/04/88).

RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2022, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a realización de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos.

 

CALENDARIO DO PROCEDEMENTO DE ELECCIÓN DOS MEMBROS DO CONSELLO ESCOLAR

 

8 DE NOVEMBRO DE 2022:  

- Constitución da xunta electoral.

 

10 DE NOVEMBRO DE 2022:

- Publicación da convocatoria de eleccións no sector do profesorado.

- Publicación provisional do censo de profesorado.

 

DO 11 AO 18 DE NOVEMBRO DE 2022

- Presentación de candidaturas.

 

21 DE NOVEMBRO DE 2022 

- Celebración da segunda reunión da Xunta Electoral.

- Proclamación e posterior publicación de candidaturas.

- Aprobación definitiva do censo electoral.

- Aprobaciòn do modelo de papeletas e sobre do acto electoral.

- Sorteo público de designación dos membros da mesa electoral.

 

29 DE NOVEMBRO DE 2022

- Celebración da votación.

 

1 DE DECEMBRO DE 2022

- Celebración da 3º e última reunión da Xunta electoral.

- Proclamación de candidatos/as electos/as.

- Traslado á Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Universidade a copia da acta da votación efectuada.