Novas

IV EDICIÓN DA CAMPAÑA "COME LOCAL"

COME LOCAL | CEIP A Igrexa-Calo. Camiñamos contigo

Durante o mes de marzo no noso comedor escolar puidemos gozar de varios menús feitos con algúns produtos galegos de proximidade e con indicativo de calidade proporcionados a tráves da Campaña "Come Local" , impulsada pola Xunta de Galicia a través de  @experienciasdecalidadedegalicia.

 

 

 

 

IV EDICIÓN DA CAMPAÑA COME LOCAL

O comedor escolar  do CEIP ADR Castelao de Ordes participa na IV EDICIÓN COME LOCAL, campaña de formación para comedores escolares de Galicia.

LISTA PROVISIONAL DE ADMITIDOS AO COMEDOR ESCOLAR CURSO 2023-24

Todo o alumnado que solicitou o comedor escolar para o curso 2023/24 foi admitido e contará con praza de comedor no vindeiro curso.

Poden consultar a listaxe no taboleiro do centro.

O período de reclamación será do 10 ao 14 de xullo de 2023.

IMPORTANTE: TODOS OS ADMITIDOS TEÑEN QUE CUBRIR ESTE MODELO DE AUTODECLARACIÓN E ENTREGALO NO CENTRO  ENTRE O 10 E O 14 DE XULLO DE 2023. PODEN FACELO DE MANEIRA PRESENCIAL NA SECRETARÍA OU ENVIALO POR CORREO ELECTRÓNICO AO CENTRO. 

CORREO ELECTRÓNICO DO CENTRO: ceip.castelao.ordes@edu.xunta.gal

Aos efectos de orientar ás familias sobre o cálculo do importe dos prezos públicos polo uso do servizo de comedor escolar, incorpórase unha calculadora a través da páxina web de Consellería, que facilita o cálculo en función da renda neta per cápita da unidade familiar e do número de menores en idade escolar. O acceso á calculadora estará dispoñible a través do seguinte enlace:

https://www.edu.xunta.gal/comedores/calculadora.jsp

  Para máis información podedes consultar aquí as instruccións de comedores escolares para o curso 2023/24.

 

O Equipo Directivo

CRITERIOS PARA ACCEDER AO POSTO DE COLABORADOR/A DO COMEDOR ESCOLAR PARA O CURSO 2023/24

 

Ábrese o prazo para presentar as solicitudes como colaborador/a do comedor escolar do centro.

Para acceder á información premede AQUÍ.

Para descargar a solicitude premede  AQUÍ.

 

O EQUIPO DIRECTIVO.

SOLICITUDE DE COMEDOR ESCOLAR E TRANSPORTE PARA O CURSO 2023/24

Comedor Escolar | CEIP PLURILINGÜE A LAXE          Señal transporte escolar PVC 21 x 29,7 cm economica | www.chuzos.es

 

 

 

O prazo para solicitar o comedor e o transporte escolar abranguerá desde o 19 ao 30 de xuño de 2023 ambos incluídos.

A solicitude deberase entregar cuberta no centro antes do remate do prazo (pódese descargar aquí), recollela no centro no horario e atención ao público (9:15 a 11:15 ou 12:30 a 13:45) ou solicitar telefonicamente que sexa enviada á casa á través do fillo/a ou tutelado/a ( 881880881).

Debedes entregar unha solicitude por neno/a e anexar a documentación que corresponda segundo o caso. (Está indicada pola parte de atrás da solicitude).

Un saúdo. 

O Equipo Directivo.