Outras actividades

CLUB DE CIENCIAS

VISITA DOS PARTICIPANTES DO CLUB DE CIENCIAS "O LABORATORIO DE CASTELAO" Á CASA DAS CIENCIAS DE A CORUÑA.

PROGRAMA XOGADE

CAMPIONATO PROVINCIAL DE BÁDMINTON-PROGRAMA XOGADE 2023/2024 (Monfero, 11 de maio de 2024)

Actuación destadacada d@s alumn@s do noso centro no Campionato Provincial de Bádminton celebrado o pasado sábado en Monfero.

Campioa Provincial - Alba Fraga Franco (benxamín feminina).

Irene Raña Vázquez (alevín feminina)

Diego Raña Vázquez - (cadete masculino)

Sabela García Santos (alevín feminina).

PROGRAMA XOGADE

CAMPIONATO ZONAL DE BÁDMINTON DO PROGRAMA XOGADE DA XUNTA DE GALICIA (Toques, 20/04/2024)

O pasado sábado 20 de abril 13 alumnos/as do CEIP ADR Castelao de Ordes participaron,  na localidade de Toques, no Campionato Zonal de Bádminton do Programa Xogade da Xunta de Galicia, clasificatorio para o Campionato Provincial da modalidade que se celebrará o 11 de maio en Monfero.

Nesta competición os/as deportistas ordenses tiveron unha actuación moi destacada e catro deles/as (3 alumnas e 1 alumno) acadaron a clasificación para participar no Campionato Provincial ao lograr subir ao podio nas súas respectivas categorías.

PROGRAMA XOGADE

CAMPIONATO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS DE CENTROS ESCOLARES.

Circuíto Virxe de Loreto (Porto do Son, 12/04/2024) 

O pasado venres 12 alumn@s  do CEIP ADR Castelao de Ordes, que previamente acadaran a clasificación na fase anterior celebrada en O Pino, participaron no Campionato Provincial de Campo a Través de Centros Escolares do Programa Xogade da Xunta de Galicia, acadando uns destacados resultados a nivel individual e proclamándose Subcampioas Provinciais as corredoras do equipo Infantil Feminino.

Preme aquí para ver a clasificación.

Preme aquí para ver o vídeo. 

FOTOGRAFÍAS

 

XORNADAS PARA A CONVIVENCIA E A MELLORA DA SEGURIDADE NOS CENTROS EDUCATIVOS

No CEIP ADR Castelao estamos sensibilizados coa problemática do acoso escolar e ciberacoso. Por iso, neste trimestre estamos levando a cabo unha serie de actividades para o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria en relación a este tema, a través do Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e os seus entornos, para o curso 23/24.

EN MEMORIA DE DON JOSÉ RAMÓN SÁNCHEZ LÓPEZ

Desde o CEIP ADR Castelao de Ordes, sentimos moito o recente falecemento de Don José Ramón Sánchez López, que foi tantos anos o director deste cole e que, sen dúbida, deixou unha imborrable pegada no noso centro.