PROGRAMA XOGADE

CAMPIONATO ZONAL DE BÁDMINTON DO PROGRAMA XOGADE DA XUNTA DE GALICIA (Toques, 20/04/2024)

O pasado sábado 20 de abril 13 alumnos/as do CEIP ADR Castelao de Ordes participaron,  na localidade de Toques, no Campionato Zonal de Bádminton do Programa Xogade da Xunta de Galicia, clasificatorio para o Campionato Provincial da modalidade que se celebrará o 11 de maio en Monfero.

Nesta competición os/as deportistas ordenses tiveron unha actuación moi destacada e catro deles/as (3 alumnas e 1 alumno) acadaron a clasificación para participar no Campionato Provincial ao lograr subir ao podio nas súas respectivas categorías.