BENVIDOS AO CASTELAO...

Tlf: 881 880 881

Correo electrónico: ceip.castelao.ordes@edu.xunta.gal

AVISO SOBRE O HORARIO DE ENTRADA AO CENTRO

Estimadas familias:

Estamos na etapa final do curso e vimos comprobando que, aínda que a maioría das familias cumprides coas normas de entrada ao colexio, hai un número cada vez máis elevado de familias que non o fan, afectando ao funcionamento do centro e incluso á seguridade do propio alumnado.

Recordámosvos que o horario de  entrada ao noso colexio é de 08:50 a 09:00 horas.  Ás 09:00 h pecharán con chave as cancelas e o alumnado que se atope nas filas entrará ás aulas. As familias que cheguen máis tarde das 09:00 horas terán que esperar a que lles abran a porta e levar os/as nenos/as ata conserxería. Alí cubrirán o xustificante de falta de puntualidade e esperarán ata que o conserxe recolla o/a alumno/a para acompañalo/a ata a aula que lle corresponda. En nigún caso se deixarán os/as nenos/as ir sós desde a cancela, cando xa entraran as filas. 

Moitas grazas pola vosa comprensión e colaboración.

O equipo directivo.

Creación dun panel interactivo (STEAM)

Grupo de Adquisición de Linguas

Este grupo traballou nun proxecto que consistiu na creación dun panel interactivo das diferentes estancias do noso centro para, posteriormente e, mediante o emprego da aplicación de programación informática SCRATCH, crear un panel interactivo.

Preme aquí para ver o vídeo

Menús Maio

 

 

 

Menús Comedor Maio 2024

Preme na imaxe para descargar os menús

10ª XORNADA DO CLUB DE CIENCIA

Celebración día do libro

As nenas e nenos de 5B de Educación Infantil tivemos unha visita moi especial. Veu un papá a contarnos un conto! E ademais, seguindo o PDI do centro “ A Escola é Boa” fixémoslle moitas preguntas sobre a súa escola.

Gracias Martín por contarnos tanto e tan ben. Quedamos encantadas/os!

SOLICITUDE BECAS NEAE

PROGRAMA XOGADE

CAMPIONATO ZONAL DE BÁDMINTON DO PROGRAMA XOGADE DA XUNTA DE GALICIA (Toques, 20/04/2024)

O pasado sábado 20 de abril 13 alumnos/as do CEIP ADR Castelao de Ordes participaron,  na localidade de Toques, no Campionato Zonal de Bádminton do Programa Xogade da Xunta de Galicia, clasificatorio para o Campionato Provincial da modalidade que se celebrará o 11 de maio en Monfero.

Nesta competición os/as deportistas ordenses tiveron unha actuación moi destacada e catro deles/as (3 alumnas e 1 alumno) acadaron a clasificación para participar no Campionato Provincial ao lograr subir ao podio nas súas respectivas categorías.

9ª XORNADA DO CLUB DE CIENCIA

PROGRAMA XOGADE

CAMPIONATO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS DE CENTROS ESCOLARES.

Circuíto Virxe de Loreto (Porto do Son, 12/04/2024) 

O pasado venres 12 alumn@s  do CEIP ADR Castelao de Ordes, que previamente acadaran a clasificación na fase anterior celebrada en O Pino, participaron no Campionato Provincial de Campo a Través de Centros Escolares do Programa Xogade da Xunta de Galicia, acadando uns destacados resultados a nivel individual e proclamándose Subcampioas Provinciais as corredoras do equipo Infantil Feminino.

Preme aquí para ver a clasificación.

Preme aquí para ver o vídeo. 

FOTOGRAFÍAS