PROGRAMA XOGADE

CAMPIONATO PROVINCIAL DE BÁDMINTON-PROGRAMA XOGADE 2023/2024 (Monfero, 11 de maio de 2024)

Actuación destadacada d@s alumn@s do noso centro no Campionato Provincial de Bádminton celebrado o pasado sábado en Monfero.

Campioa Provincial - Alba Fraga Franco (benxamín feminina).

Irene Raña Vázquez (alevín feminina)

Diego Raña Vázquez - (cadete masculino)

Sabela García Santos (alevín feminina).

ROMARÍA FAMILIAR 50º ANIVERSARIO

 

PINCHA PARA DESCARGAR

FICHA DE INSCRICIÓN PARA A ROMARÍA FAMILIAR DO CEIP ADR CASTELAO (ORDES)

AVISO COMEDOR

O vindeiro martes 21 de maio haberá un cambio no menú do comedor escolar que afecta tan só ao segundo prato, en lugar de tenreira estufada con verduriñas e patacas amarelas, teremos macarróns con tenreira e verduras.

Desculpade as molestias.

Graduación 6º de Educación Infantil

O pasado 3 de maio celebramos a graduación do alumnado de 6º de Educación Infantil, foi unha xornada moi especial na que tódolas nenas e nenos bailaron e cantaron. Esta xornada estaba enmarcada no proxecto que desenvolve o noso centro de «Educación Reponsable» que a Fundación Botín promove.

Preme para ver o vídeo de 5 anos

Preme para ver o baile de 5 anos

Preme para ver o vídeo de 4 anos

Si tes un vídeo de 3 anos podes facérnolo chegar...

Concerto Letras Galegas

Esta mañan tivemos unha xornada moi especial, conmemoramos o Día das Letras Galegas. Foi moi especial porque o noso alumnado «de 5º e 6º de Primaria interpretaron conxuntamente co alumnado do CEIP Campomaior e a Banda Municipal de Ordes a obra «Os soños na gaiola» de Manuel María e música de Suso Vaamonde.

Preme para acceder ao vídeo

11ª XORNADA DO CLUB DE CIENCIAS

AVISO SOBRE O HORARIO DE ENTRADA AO CENTRO

Estimadas familias:

Estamos na etapa final do curso e vimos comprobando que, aínda que a maioría das familias cumprides coas normas de entrada ao colexio, hai un número cada vez máis elevado de familias que non o fan, afectando ao funcionamento do centro e incluso á seguridade do propio alumnado.

Recordámosvos que o horario de  entrada ao noso colexio é de 08:50 a 09:00 horas.  Ás 09:00 h pecharán con chave as cancelas e o alumnado que se atope nas filas entrará ás aulas. As familias que cheguen máis tarde das 09:00 horas terán que esperar a que lles abran a porta e levar os/as nenos/as ata conserxería. Alí cubrirán o xustificante de falta de puntualidade e esperarán ata que o conserxe recolla o/a alumno/a para acompañalo/a ata a aula que lle corresponda. En nigún caso se deixarán os/as nenos/as ir sós desde a cancela, cando xa entraran as filas. 

Moitas grazas pola vosa comprensión e colaboración.

O equipo directivo.

Creación dun panel interactivo (STEAM)

Grupo de Adquisición de Linguas

Este grupo traballou nun proxecto que consistiu na creación dun panel interactivo das diferentes estancias do noso centro para, posteriormente e, mediante o emprego da aplicación de programación informática SCRATCH, crear un panel interactivo.

Preme aquí para ver o vídeo

Menús Maio

 

 

 

Menús Comedor Maio 2024

Preme na imaxe para descargar os menús

10ª XORNADA DO CLUB DE CIENCIA