AVISO SOBRE O HORARIO DE ENTRADA AO CENTRO

Estimadas familias:

Estamos na etapa final do curso e vimos comprobando que, aínda que a maioría das familias cumprides coas normas de entrada ao colexio, hai un número cada vez máis elevado de familias que non o fan, afectando ao funcionamento do centro e incluso á seguridade do propio alumnado.

Recordámosvos que o horario de  entrada ao noso colexio é de 08:50 a 09:00 horas.  Ás 09:00 h pecharán con chave as cancelas e o alumnado que se atope nas filas entrará ás aulas. As familias que cheguen máis tarde das 09:00 horas terán que esperar a que lles abran a porta e levar os/as nenos/as ata conserxería. Alí cubrirán o xustificante de falta de puntualidade e esperarán ata que o conserxe recolla o/a alumno/a para acompañalo/a ata a aula que lle corresponda. En nigún caso se deixarán os/as nenos/as ir sós desde a cancela, cando xa entraran as filas. 

Moitas grazas pola vosa comprensión e colaboración.

O equipo directivo.