ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 24-25
Enviado por admin o Xov, 02/29/2024 - 21:05Publícase información referida ao procedemento de admisión do alumnado para o curso 24-25
O prazo de presentación de solicitudes será do 1 ao 20 de marzo.
A solicitudes poden tramitarse de forma presencial no centro ou de forma electrónica a través da sede electrónica da Xunta de Galicia na aplicación admisiónalumnado:
https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/
A solicitudes de admisión poderán recollerse na Conserxería do centro ou descargar dos arquivos que se anexan.
A continuación xúntase relación de documentos e información sobre o proceso de admisión:
1. INSTRUCCIÓNS SOBRE O PROCESO DE ADMISIÓN
3. ANEXO II: SOLICITUDE- GALEGO
4. ANEXO II: SOLICITUD-CASTELLANO
5. VALORACIÓN DOS CRITERIOS XERAIS BAREMO
6. RESOLUCIÓN RESULTADO SORTEO ADMISIÓN
7. CRITERIO COMPLEMENTARIO DO CENTRO
7. INSTRUCCIÓNS DA DIRECCIÓN XERAL DE CENTROS E RECURSOS
CALENDARIO ESCOLAR 23/24
Enviado por admin o Lun, 09/18/2023 - 12:06No documento adxunto poden consultar o calendario escolar para o curso 23/24.
DIA NON LECTIVO: 13 DE OUTUBRO
LISTAXE DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR - CURSO 23-24
Enviado por admin o Lun, 06/19/2023 - 17:40Publicada a listaxe de libros de texto de texto e material escolar para o curso 23/24.
Premer no adxunto para ver.
23 de febreiro: Dia de ROSALIA DE CASTRO
Enviado por admin o Mér, 02/28/2024 - 09:36Esta semana celebramos o día de Rosalía de Castro con diversas actividades. Neste video podedes disfrutar do recitado dos poemas más representativos de Rosalia por parte do alumnado de 5º e 6º de primaria.
Augas de Galicia
Enviado por admin o Mar, 02/20/2024 - 11:14O alumnado de terceiro ciclo recibiu unha sesión formativa que consistiu no desenvolvemento de actividades divulgativas para axudar a comprender aos estudantes como funciona a natureza e especialmente os ríos.
Luz negra no Entroido
Enviado por admin o Mar, 02/20/2024 - 11:08As nenas e nenos das aulas do lazo verde e amarelo tiveron unha sorpresa sensorial neste Entroido. A profe Cris contoulles o conto de Leotolda coa maxia da luz negra que resalta as cores. Despois puideron disfrutar dos talleres coa mesma experiencia sensorial: taller de antefaces, debuxo de Leotolda, construcións de cores, mesa de luz e colares e máscara do Entroido galego elaboradas en impresora 3D.
Coñecemos algo do Triathlón
Enviado por admin o Lun, 02/19/2024 - 12:40O noso alumno Leo Santomé acompañado polo seu adestrador do Clube Triathlon Coruña, Dani González, ofreceron unha pequena exhibición deste deporte tan completo.
Actividade educación medioambiental CEIDA
Enviado por admin o Xov, 02/08/2024 - 13:29Un curso máis o alumnado de 3º ciclo está a levar a cabo un programa de educación medioambiental que se iniciou coas charlas por parte dos membros de CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia)
Día da Paz
Enviado por admin o Ven, 02/02/2024 - 13:19A semana do 30 de xaneiro celebramos a Paz con diferentes actividades en aula, decorando as nosas portas e conmemorando o día co "Baile de los siete saltos"
Xa chega o Entroido...
Enviado por admin o Mér, 01/31/2024 - 13:06Xa estamos a celebrar o Entroido no cole e para esta próxima semana o Meco manda e pide que cada día traiamos un complemento...