stop accidentes

STOP ACCIDENTES

Esta semana contamos coa visita dos monitores de Stop accidentes que trataron co alumnado de 1º e 2º a importacia de prestar atención e prever accidentes en beneficio dunha mobilidade segura, sostible e saudable.

 

Entrega de premios do Concurso Stop accidentes

Este luns tivo lugar a entrega dos premios e recoñecementos dos traballos convocados por Stop accidentes "Agora imos andado ao cole¡. as nosas gañadoras e finalistas, Mar Meitín Blanco (6º A), Nieves López Pichel (5º A), Abril Trillo Carracedo e Paula Pérez Pose, ambas de 5º B, recolleron os seus agasallos e premios polos seus traballos. Parabéns¡¡¡

Stop accidentes

Esta semana publicouse a relación de gañadores e finalistas do concurso de Stop accidentes. Entre eles, contamos con dous premios gañadores, trátase de Mar Meitín Blanco, de 6º A e Nieves López Pichel de 5º A, ambos traballos formarán parte do calendario que Stop accidentes publica tódolos anos. Tamén temos dúas finalistas, Abril Trillo Carracedo e Paula Pérez Pose, ambas de 5º B. Os premios entregaranse no Concello o día 18 de decembro. Parabéns¡¡¡

Taller sobre seguridade viaria

 

Esta semana o alumnado de 3º a 6º de educación primaria contou cun Taller sobre seguridade viaria ofrecido por Stop accidentes e a Fundación MAPFRE. Ditas institucións convocan o Concurso de cartas e/ou debuxosAgora imos andando ao cole!” co obxectivo de conseguir comportamentos seguros no camiño escolar. Ánimo e a participar¡¡¡

 

STOP ACCIDENTES<br />

Distribuir contido