AXUDAS ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO, FONDO SOLIDARIO DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR

 

CIRCULAR INFORMATIVA AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO,

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR

A gratuidade de libros de texto para o vindeiro curso levarase a cabo mediante tres procedementos:

  • a) Axudas para a adquisición de libros de texto.

  • b) Fondo solidario de libros de texto.

  • c) Proxecto de educación dixital E-Dixgal.

Importante: Pode solicitar a axuda de material escolar o alumnado de todos os cursos de primaria que non superen os 6.000 € de renda familiar.

 

1.- Destinatarios:

  1. Axudas para a adquisición de libros, regulada na Orde do 10 de maio de 2023 (DOG do 19/05/2023):

  • Cursos aos que afecta: 1º e 2º de Educación Primaria.

  • Requisitos para acollerse a esta convocatoria:

    • Estar matriculado en 1º, 2º de EP.

    • Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

    • Ter unha renda per cápita familiar igual ou inferior a 10.000 €

 

  1. Fondo solidario de libros de texto, regulado na Orde do 10 de maio de 2023 (DOG do 19/05/2023):

  • Cursos aos que afecta: 3º e 4º de Educación Primaria.

  • O sistema permitirá a distribución dos libros existentes no fondo entre o alumnado en función da renda per cápita comprobada das solicitudes validadas polo centro.

  • Requisitos para acollerse a esta convocatoria:

    • Estar matriculado en 3º e 4º de EP.

    • Ter devolto os libros de texto e/ou material reutilizable adquiridos coas axudas do curso 2022/2023.

    • Ter unha renda per cápita familiar igual ou inferior a 10.000 €

 

  1. Proxecto de educación dixital E-Dixgal:

  • Cursos aos que afecta: 5º e 6º de Educación Primaria.

O alumado de 5º e 6º de Educación Primaria terá libros dixitais gratuítos.

 

2.- Devolución dos libros de texto adquiridos coas axudas do curso 2022/2023:

  • O alumnado beneficiario de axudas no curso 2022/2023está obrigado a devolver todos os libros comprados coa dita axuda, no centro, antes do 21 de xuño, agás o alumnado de 1º e 2º.

  • A non devolución dos libros é causa de exclusión do fondo solidario de libros e da convocatoria de axudas. Ademais, unha vez revisada a información das devolucións a consellería reclamará ás familias o importe da subvención concedida para este curso para todos aqueles casos nos que non conste a devolución dos libros adquiridos con cargo ao vale.

  • Para evitar agrupacións de persoas no centro educativo propoñemos o seguinte plan para a devolución dos libros de texto:

    • A partir do día 16 de xuño o alumnado irá deixando os libros na aula seguindo as instrucións do profesorado titor. Logo do reconto, os días 20 e 21 de xuño, desde a dirección do centro poñerémonos en contacto con aquelas familias ás que lles quede algún libro por entregar.

Se algunha familia non puidese axustarse a esta proposta pode poñerse en contacto co colexio para darvos outra opción.

3.- Prazos:

  • Inicio do prazo para a presentación de solicitudes de axudas para adquiriros libros de texto (1º e 2º de EP), o fondo solidario de libros (3º e 4º de EP) e material escolar (toda a etapa de primaria): 20 de maio.

  • Remate do prazo para a presentación de solicitudes de axudas para adquiriros libros de texto (1º e 2º de EP), o fondo solidario de libros (3º e 4º de EP) e material escolar (toda a etapa de primaria): 21 de xuño

  • Data límite para a devolución dos libros de texto (o alumnado que recibiu libros prestados polo colexio): 21 de xuño.

 

 

AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO, FONDO SOLIDARIO DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR

 

1.- Solicitudes:

  • As axudas serán solicitadas polos pais, nais ou titores legais e será única para todos os fillos. Nela especificarase o nivel de estudos que realizará cada un dos fillos no curso 2023/2024.

 

2.- Como e onde presentar as solicitudes:

 

  • Os pais, nais ou titores poderán presentar na secretaría do centro os Anexos I e II da Orde do 10 de maio de 2023 que deberán recoller no centro ou descargala no enderezo https://sede.xunta.es (Poñer en Google: ED330B, clicar encima + Solicitude (Anexo I e II), para poder cubrila clicar en “Abrir cun visor diferente”) .

  • Os pais, nais ou titores poderán realizar a solicitude accedendo á aplicación Fondolibros, e unha vez que teñan cubertos todos os datos deberán gardala, obtendo así o número de solicitude, e posteriormente poderán optar polas seguintes formas de presentación:

    • Presentación no centro: Neste caso imprimirán a solicitude e o anexo II e presentaranos no centro (debidamente asinados), xunto co resto da documentación.

    • Presentación na Sede Electrónica da Xunta de Galicia (para presentala electronicamente é necesario ter un certificado dixital ou Chave 365).

 

2.- Prazo:

  • O prazo para a presentación das solicitudes será: Do 20 de maio ata o 21 de xuño.

 

3.- Documentación a presentar (terase en conta a situación persoal e familiar en 31 de decembro de 2021):

  • Libro de familia en que figuren todos os membros da unidade familiar. No caso de non ter libro de familia ou se a situación familiar, en 31 de decembro de 2021 non coincide coa reflectida no libro, terá que presentar documento acreditativo do número de membros da unidade familiar tales como: certificado ou volante de convivencia.

  • No caso de separación ou divorcio dos cónxuxes deberá presentar sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a custodia do causante.

  • No caso de discapacidade igual ou superior ao 33% e inferior ao 65%: Documento acreditativo da dita discapacidade.

  • No caso de situación de violencia de xénero no ámbito familiar: Documentación acreditativa.

 

4.- Contía das axudas:

Para o alumnado de 1º e 2º de E. Primaria:

  • Renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 €: 240 €

  • Renda per cápita familiar superior a 6.000 € e igual ou inferior a 10.000 €: 160 €

Para o alumnado de 3º e 4º de E. Primaria: Fondo de libros:

  • Renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 €: Prestaránselle 6 libros.

  • Renda per cápita familiar superior a 6.000 € e igual ou inferior a 10.000 €: Prestaránselle 4 libros.

Para todo o alumnado: axuda para material escolar:

  • Renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €: 75 €

  • Renda per cápita superior a 6.000 € e inferior a 10.000 €: 60 €

 

5.- Cálculo da renda per cápita:

A renda per cápita da unidade familiar é o resultado de dividir a renda da unidade familiar do exercicio fiscal 2021 entre o número de membros computables (os membros que acrediten unha discapacidade computarán por dous).

A renda per cápita familiar é o resultado de dividir a renda da unidade familiar do exercicio fiscal 2021 entre o número de membros computables.

A renda da unidade familiar será o resultado de sumar as rendas de cada un dos membros computables da familia que obteñan ingresos de calquera natureza.

Para os efectos do cálculo da renda familiar sumarán os recadros 435 (base impoñible xeral) e 460 (base impoñible do aforro) da declaración do ano 2021.

No caso de non presentar declaración teranse en conta os ingresos de acordo cos datos tributarios facilitados, no certificado de imputacións de renda, pola Axencia Estatal de Administración Tributaria. (Deberá solicitar un “certificado de imputacións” na Axencia Tributaria).




 

BECAS E AXUDAS PARA O ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO. CURSO 2023/2024

Está aberto o prazo para solicitar as becas e axudas para alumnado NEAE para o curso 2023-2024. O prazo está aberto dende o 8 de MAIO ata o 20 de setembro inclusive.

Os destinatarios son o alumnado matriculado en centros españois, que acrediten a necesidade específica de apoio educativo e que cumpran os requisitos establecidos na convocatoria:

 

CONVOCATORIA NEAE 2023-2024

 

ADMISIÓN ALUMNADO PARA O CURSO 2023-2024

Procédese á admisión provisional de todas as solicitudes recibidas neste centro para o curso escolar 2023-2024

As listaxes provisionais de solicitudes admitidas e non admitidas poden consultarse no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar. En base ás recomendacións vixentes en materia de protección de datos persoais, non se poderá realizar por ningún outro medio físico de publicación.

 

TODAS AS SOLICITUDES PRESENTADAS SON ADMITIDAS XA QUE É SUPERIOR O NÚMERO DE VACANTES QUE DE PRAZAS SOLICITADAS

COMUNICADO

Representantes da ANPA e a dirección do centro xunto con representantes do concello de Pontedeume e Policía Local achegamos á comunidade educativa o seguinte comunicado:

 

Distribuir contido