Ampliación da axuda para adquirir material escolar

O Diario Oficial de Galicia do 14 de outubro de 2022 publica a concesión directa da ampliación da axuda para adquirir material escolar. Establece que os beneficiarios do vale para adquirir material escolar por importe de 50€ recibirán un novo vale adicional de 25€.

O vale debe empregarse preferentemente na libraría/ establecemento antes do 1 de decembro de 2022.

Clicar na imaxe para acceder á resolución do 5 de outubro de 2022 de concesión directa da ampliación da axuda para adquirir material escolar, regulada na Orde do 29 de abril de 2022

ANPA EUME INFORMA PARA O CURSO 2022/2023

Clica na imaxe para acceder ao blogue ANPA EUME

 

Información  como asociarse á ANPA aquí

 

Información para inscribirse no comedor escolar aquí

SERVIZO MADRUGADORAS /MADRUGADORES

Clicar na imaxe para máis información.

AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR 22/23

Estimadas familias

 

O concello de Pontedeume informa:

 

RESOLUCIÓN DEFINITIVA NESTE ENLACE: 

 https://www.pontedeume.gal/axudas-as-familias-para-a-adquisicion-de-material-escolar-curso-2022-2023/

 

Resolución definitiva de Fondolibros para o curso 22/23

 

LISTAXES DEFINITIVAS DE ADMITIDOS E ADMITIDAS

 

 

Están dispoñibles as listaxes definitivas de admitidos e admitidas, e excluídos e excluídas de FONDOLIBROS para o curso 22/23.

Cumprindo co artigo 13 da orde 29 de abril de 2022 as listaxes definitivas publicaranse única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do centro.

O alumnado de 4º non precisa mercar ningún libro porque o centro dispón dos exemplares necesarios para cubrir a matrícula actual.

 

INFORMACIÓN XERAL: LIBROS DE TEXTO E MATERIAL

  Listaxe de libros

Podedes comprobar a listaxe neste enlace. 

 

Listaxe de MATERIAL

 

INFANTIL

 

4º de Infantil                             5º de Infantil                        6º de Infantil

  

PRIMARIA

 

1º de Primaria                      2º de Primaria                      3º de Primaria

 

4º de Primaria                     5º de Primaria                      6º de Primaria

 

  

 

CONVOCATORIAS DE REUNIÓNS

EDUCACIÓN INFANTIL .......................Martes 6 de setembro ás 9:00

1º de PRIMARIA .............................. Martes 6 de setembro ás 12:00 h.

2º de PRIMARIA .............................. Martes 6 de setembro ás 11:00 h.

 

FOLGA TRANSPORTE!!!

 

FOLGA TRANSPORTE

 

Estimadas familias:

Comunícannos que no día de mañá, 21/06/22 haberá folga de transporte convocada pola Confederación Intersindical Galega (CIG) na UTE. Na orde do 16 de xuño de 2022 establecen os servizos mínimos que se prestarán durante a mesma:

 

Servizos de transporte público regular de uso especial-escolares: o campo destes servizos resulta especialmente sensible, tanto por ser o transporte un mecanismo auxiliar para o exercicio dun dereito fundamental como é o da educación, como polas especiais exixencias que implica a protección aos menores.

Do mesmo xeito, a dispersión poboacional en Galicia determina que, diariamente, seteñan que realizar unha significativa cantidade de desprazamentos para os que non existe alternativa real de mobilidade, polo que o mantemento dos servizos de transporte público resulta fundamental.

Coa finalidade de ponderar a garantía do dereito esencial á folga dos traballadores e traballadoras, xunto coa garantía do igualmente elemental dereito de acceso ao sistema educativo, deberán manterse como esenciais os servizos de entrada aos centros das 7.30 ás 10.30 horas, e os de saída das 13.30 ás 19.00 horas, nos itinerarios de transporte escolar de estudantes de niveis de ensino obrigatorio cuxa lonxitude total sexa superior a 4 quilómetros.

Das tres rutas do noso centro, tendo en conta o anterior, poderiase ver afectada a RUTA 3: Olmo/O barro posto que non é superior aos 4 km. Por informacións da propia empresa nos informan que pensan que si que estará cuberta pero que non o poden garantir.

O resto das rutas, nun primeiro momento non deberían sufrir alteración, agás que por motivos da folga non poidan saír/chegar a tempo.

 

 

INVITACIÓN EXPOSICIÓN PRODUTOS FINAIS

 

INVITACIÓN  EXPOSICIÓN  PRODUTOS  FINAIS

 

Distribuir contido