Día das Letras Galegas

Bo día, dende o CEIP Couceiro Freijomil queremos compartir o seguinte vídeo para conmemorar o Día das Letras Galegas no que recordamos a Florencio Delgado Gurriarán. 

 

 

Maios 2022

Como cada ano no CEIP Couceiro Freijomil celebráronse os Maios. Grazas a todas as nenas e nenos, prácenos compartir con vós o vídeo da celebración desta festividade. 

Esperemos que gocedes deste vídeo! E por riba de todo, agradecer a colaboración de todas aquelas persoas que fixestes posible un ano máis os Maios en Pontedeume.

 

 

ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2022-2023. RESOLUCIÓN PROVISIONAL DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS.

 

 

Procédese á admisión provisional de todas as solicitudes recibidas neste centro para o curso escolar 2022-2023.

As listaxes provisionais de solicitidues admitidas e non admitidas poden consultarse:

a) Presencial: Única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar. En base ás recomendacións vixentes en materia de protección de datos persoais, non se poderá realizar por ningún outro medio físico de publicación.

b)  Non presencial: Única e exclusivamente a través da aplicación admisionalumnado empregando a Chave365 ou certificado dixital da Fábrica Nacional da Moneda e Timbre.

Contra a Resolución poderase presentar reclamación ante o Consello Escolar do centro no prazo de 5 días hábiles a partir do seguinte á publicación.

 

TODAS AS SOLICITUDES PRESENTADAS SON ADMITIDAS XA QUE É SUPERIOR O NÚMERO DE VACANTES QUE DE PRAZAS SOLICITADAS.

COMUNICACIÓN CONXUNTA DAS CONSELLERÍAS DE SANIDADE E EDUCACIÓN SOBRE A NOVA ESTRATEXIA E CONTROL DO SARS-COV-2 NA ETAPA DE TRANSICIÓN EN GALICIA NO ÁMBITO EDUCATIVO - 01/04/2022

 

De acordo coa nova estratexia e control da SARS-CoV-2 na etapa de transición en Galicia:

1- Non se realizarán probas confirmatorias dos test positivos de autodiagnóstico, a excepción de certos grupos vulnerables1 . Polo tanto as persoas cun resultado positivo nun test de autodiagnóstico serán sempre casos sospeitosos da COVID-19.

2.- Do mesmo xeito, aquelas persoas con clínica compatible da COVID-19 tampouco se lle realizarán probas confirmatorias, coa excepción dos anteditos grupos vulnerables1, e estarán tamén considerados casos sospeitosos da COVID-19.

3.- Os casos confirmados da COVID-19 unicamente serán aqueles que teñan unha proba diagnóstica positiva (PDIA) realizada por un profesional sanitario, logo de valorar o criterio específico polo cal se lle solicita a proba diagnóstica. Os test de autodiagnóstico non son probas diagnósticas que confirmen a enfermidade.

4.- As recomendacións preventivas para os casos sospeitosos, confirmados e contactos estreitos pódense revisar na seguinte ligazón da páxina WEB da Consellería de Sanidade (que facer se es un caso ou contacto da COVID-19)

5- A aplicación EDU-COVID deixa de utilizarse, xa que deixan de rexistrarse os casos sospeitosos, confirmados e contactos estreitos de COVID-19 no ámbito educativo.

6.- Aínda que se modificase a vixilancia e o control do SARS-CoV-2 nesta etapa de transición, seguen a estar en vigor as medidas xerais de prevención da COVID-19 no relativo ao uso axeitado da máscara segundo a normativa vixente, o mantemento da distancia de seguridade, o lavado frecuente de mans e a ventilación axeitada de espazos. 

7.-No seo da Ponencia de Promoción da Saúde na que participan todas as comunidades autónomas e na que se consensúan as “Medidas de prevención, higiene y promoción de la salud frente a covid-19 para centros educativos”; n o referente ás actuacións ante síntomas dos nenos/nenas compatibles coa COVID-19 ou doutras enfermidades potencialmente transmisibles, estase a recomendar continuar coa medida que estaba en vigor antes da pandemia, é dicir que os nenos/nenas non acudan ao centro ata que melloren eses síntomas.

1 GRUPOS VULNERABLES: persoas de 60 anos ou máis, persoas con condicións de alto risco (grupo 7 da estratexia de vacinación, o cal inclúe ás persoas inmunodeprimidas) e mulleres embarazadas. 

 

 DOCUMENTO COMUNICACIÓN CONXUNTA EN PDF

 

 

 

 

 

Entroido 2022

Ola, prácenos compartir o vídeo do entroido. Esperamos que poidades velo e desfrutedes das actividades. Unha aperta familias!

 


A PARTIR DO LUNS 21 DE MARZO DO 2022

 

Estimadas familias:

 

Compartimos a comunicación conxunta das Consellerías de Sanidade e Educación sobre a recomendación do uso das máscaras nos patios dos centros educativos 

 

COMUNICACIÓN CONXUNTA DAS CONSELLERÍAS DE SANIDADE E EDUCACIÓN

 

 

RECOLLIDA HUMANITARIA

 

Estimadas familias:

 

Como ben sabedes desde o CEIP Couceiro Freijomil organizouse unha doble recollida humanitaria. Por un lado,en colaboración co Banco de Alimentos Rías Altas (Zona Ferrol) e  por outro en colaboración coa AVPC de Protección Civil do Concello de Pontedeume.

 

Compartimos con vós algúns dos momentos desta xornada e aproveitamos para agradecervos a vosa implicación e colaboración. Non temos palabras!  Orgullosos e orgullosas de pertencer a esta comunidade educativa. 

Mil grazas a todos e todas! 

 MIL GRAZAS!!!

 

Día da Paz 2022

Bo día! Dende o CEIP Couceiro Freijomil enviamos a actividade realizada durante o día da Paz que tivemos que adiar por diversos motivos.   

O noso mural relaciónase coa escultura "Alas de Paz" de Jorge Marín.  Aquí tedes o resultado!

 

 PD: Tedes a posibilidade de reproducilo máis lento se queredes ver mellor algunha das fotos. Só tedes que abrir o vídeo en Youtube, clicar na engrenaxe que aparece, seleccionar velocidade de reprodución e listo!

Desfrutádeo, unha aperta!

RECOLLIDA DE ALIMENTOS " RÍAS ALTAS " E COLABORACIÓN COA "AVPC DE PROTECCIÓN CIVIL" DO CONCELLO DE PONTEDEUME.

O vindeiro martes 15 de marzo de 2022 , realizaremos unha  doble recollida humanitaria. Por un lado,en colaboración co Banco de Alimentos Rías Altas (Zona Ferrol) e  por outra en colaboración coa AVPC  de Protección Civil do Concello de Pontedeume.

 

Estes anos de pandemia están a ser complicados e cheos de retos para todos/as, e toda a comunidade educativa do Ceip Couceiro Freijomil se implicou e continúa a implicarse cada día con responsabilidade e compromiso na axuda e colaboración con toda a poboación .

 

O noso colexio dedice facer esta recollida,neste momento porque un dos valores que a nosa escola quere poñer en alza entre o alumnado é o da solidariedade e compromiso .

COMO LEVAREMOS A CABO ESTA DOBLE RECOLLIDA?

O martes 15  de marzo  haberá nas entradas da escola unhas caixas onde recolleremos os alimentos non perecedoiros e alimentos precociñados tales como lentellas, garavanzos, arroz, leite, galletas, aceite,... para o Banco de Alimentos Rías Altas de Ferrol .

Para a recollida en colaboración coa APVC de Protección Civil  do Concello de Pontedeume , haberá outras caixas. O  material que  se recolle neste caso sería: 

Material de Aseo:xel de baño,champú,dentífrico,cepillos de dentes,peite de cabelos e cepillos, desodorizantes,esponxas, xabóns,compresas, tampóns, toalliñas,cueiros, toalliñas de bebés e xabonosas e crema hidratante.

Alimentos: Latas de conservas, leite en pó e  leite para bebés.

Material sanitario: tesoiras,luvas,vendas, gasas, mantas térmicas,parches antiqueimaduras,alcohol,agua oxixenada,antisépticos,suero fisiolóxico,luvas de látex ou nitrilo,pulsioxímetro,glucómetro,termómetros,máscaras e tiritas.

Todas as familias que desexen participar nesta recollida de alimentos deberán facelo por medio dos seus fillos/as, que os depositarán ao entrar na escola nas caixas que haberá nas portas de entrada (as familias de Infantil poderán ser os adultos ,que acompañan aos nenos/as, os que depositen o que poidan traer  nas caixas na porta de entrada de infantil.)

Unha vez máis, grazas a todos/as pola vosa colaboración.

Distribuir contido