Benvidos

 

 

CURSO 2015-2016 
 

 

 As clases comezarán o 11 de setembro pois o día 10 é día festivo local en Pontedeume.O horario lectivo, este primeiro día de clase, é de 12.00 a 13.45. Funcionará o comedor e o transporte escolar fará o percorrido habitual pero adaptándose ao especial horario de entrada dese día. As familias de infantil lembrade que estades convocadas a unha reunión o venres 4 ás 11.00 horas.

 

AXUDAS MATERIAL ESCOLAR

 

    AXUDAS MATERIAL ESCOLAR  (DOG 1-9-15)

ORDE do 25 de agosto de 2015 pola que se convocan axudas para a adquisición de material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial en centros sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2015/16.

 

 -Axuda por importe de 50 euros por alumno/a que reúna os requisitos previstos nesta orde, cando a renda per cápita familiar no ano 2013 sexa igual ou inferior a 5.400 euros.

 -Presentarase unha solicitude por cada alumno ou alumna matriculados

 -O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia

 -As persoas beneficiarias do vale para a adquisición de material escolar poderán usalo no correspondente establecemento ata o día 31 de outubro de 2015 (este incluído).

 

Pódese descargar o documento adxunto no seguinte enlace  ANEXO I

 

 

LIBROS DE 3º DE PRIMARIA

IMPORTANTE:

 

     LIBROS 3º DE PRIMARIA

 Aquelas familias que non fixeron a solicitude de libros do fondo poden compralos, tal como falamos na última reunión de curso, seguindo a lista proporcionada. 

 As familias que solicitaron libros do fondo e que cumpren os requisitos da renda per cápita viron modificada a súa situación debido á ampliación de existencias de libros según as instrucións recibidas o 21 de xullo. A maioría, entre os libros proporcionados polo centro e a nova ampliación complementaria, non terá que comprar ningún libro.

Máis información en secretaría.

 

 

FONDO LIBROS 3º PRIMARIA

 

IMPORTANTE!!

Onte, 21 de xullo, recibimos novas instruccións da Consellería para ampliar as existencias de libros do fondo regulado pola orde do 21 de maio do 2015.

As familias que solicitaron libros do fondo de 3º de Primaria , NON deben compralos ata que saian unhas novas listas cos libros adxudicados. Probablemente o máis recomendable sexa que agarden ao 1 de setembro.

Insistimos en que, no noso Centro, esta recomendación está dirixida exclusivamente a aquelas familias  de 3º de primaria que cubriron a solicitude de libros do fondo. Aquelas que non fixeron a solicitude poden compralos, tal como falamos na última reunión de curso, seguindo a lista proporcionada. 

Tampouco afecta ao listado de material escolar.

LISTADO DE MATERIAL ESCOLAR

listadoemptydeemptymaterial

 A RELACIÓN DO MATERIAL ESCOLAR DE INFANTIL DARÉMOLA EN SETEMBRO.

MAIOS 2015

Un ano máis celebramos a Festa dos Maios.

A elaboración de catro maios forma parte dun proxecto que sempre resulta ameno nun entorno invadido de cores e olores.  Divertímonos mentres identificamos e clasificamos flores e plantas, potenciamos actitudes de axuda e colaboración, facemos poesías e cantamos, ao tempo que valoramos e potenciamos unha tradición arraigada en Pontedeume.  

GRAZAS FAMILIAS POLA VOSA COLABORACIÓN !!! Risa Risa Risa

 

                     

DÍA DO LIBRO

Aquí podedes ver algunhas das actividades realizadas no Couceiro para conmemorar esta data.

Na biblioteca do centro tivo lugar a presentación do libro AUGUSTA E OS SEUS MEDOS a cargo do CONTACONTOS IAGO.

PAT, o noso auxiliar de conversa, explicounos en inglés a lenda de Saint George e realizamos varias actividades relacionadas con esta data.

 

 

  


        

 

 

EUMEOLIMPIADAS 2015

Durante catro días o pavillón de A Casqueira foi o lugar de encontro dos diferentes colexios de Pontedeume para realizar as coñecidas EUMEOLIMPIADAS. O alumnado de 3º,4º,5º e 6º de primaria participou en actividades deportivas individuais e colectivas. Son unhas xornadas importantes xa que, a través do deporte, foméntase a relación con nenos e nenas doutros centros.

Aquí podedes ver fotos dos distintos cursos... 

 

>eumeolimpiadas

Distribuir contido