Skip to Content

Animación á lectura

BIBLIOTECA: 25N

    Dende o equipo de biblioteca fixemos a seguinte proposta para conmemorar o 25-N:

    • Habilitamos un punto de lectura violeta con libros de temática inclusiva e sobre a importancia do papel das mulleres na sociedade.

    • Durante quince días os rapaces podían levar libros seleccionados no punto.

    • Dentro de cada libro atopaban pequenas sorpresas en forma de bolboretas con letras.

    • Cada letra correspondíase cun número do mural que iamos construir entre todo o alumnado de primaria.

    • A idea era completar un pequeno manifesto contra todo tipo de violencia, especialmente aquela que vai contra as mulleres.

    • Cando completamos a mensaxe colocámola no punto de lectura violeta, que funcionará uns días máis segundo sexa o interese amosado polo alumnado. 

   

SAMAÍN 2022

   

BIBLIOTECA: DÍA DO LIBRO 2022

    Dende a biblioteca preparamos as actividades do Día do Libro. Unha delas foi un xogo con Escornabots. Trátase do famoso “Trivial”, que nós adaptamos para incorporar os robots. É un xogo competitivo no que houbo premios. Cada alumno avanza o seu robot ata o libro que desexe ( algún que lera ) e recibirá unha pregunta. Se acerta recibe 1 punto e continúa xogando. Se falla queda eliminado. A idea é fomentar a lectura dunha serie de libros que sexan moi recomendados para a Educación Primaria.

 

 

DÍA DO LIBRO 2022: CONCURSO DE BOOKTUBERS

Dende o equipo de Biblioteca propuseron un concurso de booktubers para celebrar o Día do Libro, con gran éxito de participación. Podedes ver os vídeos para decidir que títulos preferides ler despois das imaxinativas recomendacións dos compañeir@s!!

VÍDEOS BOOKTUBERS

 

 

ENTREGA DE PREMIOS

 

BIBLIOTECA: CONCURSO "QUEROTE LIBRO"

Dende a biblioteca do centro convocouse pola "Día dos namorados" un  concurso voluntario dirixido a Educación Primaria (1º a 6º) no que tiñan que elaborar unha “Carta de amor” a un libro, aos libros en xeral ou á lectura.

4º PRIMARIA: "GRANDES MULLERES"

@s alumn@s de 4º de Primaria empregaron a biblioteca como fonte de recursos para indagar na biografía de grandes mulleres e elaboraron unhas bolsas decoradas co material que recopilaron. Aquí tedes o vídeo desta actividade.

DÍA DAS BIBLIOTECAS 2021

Este ano celebramos o Día das Bibliotecas co lema “Bibliotecas: ler, aprender, descubrir” .Céntrase en destacar o papel das bibliotecas como espazos libres, diversos e abertos para o acceso á cultura e ao coñecemento, a partir da lectura e doutros recursos.
Para conmemorar este día celebrouse un concurso de deseño de portadas de libros que podedes ver na galería de fotos.

BIBLIOTECA:CITA A CEGAS CUN LIBRO PARA SAN VALENTÍN

Dende a biblioteca queremos estimular o gusto dos rapaces pola lectura. Agora que estamos dentro do PLAMBE ( Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares ) trataremos de ir lanzando propostas que os animen a achegarse ao mundo dos libros.

Para este San Valentín a idea é citarnos cun libro descoñecido que irá envolto e terá mensaxes que nos conviden a lelo. Poden falar do argumento, dos personaxes ou das razóns polas que deberiamos escollelo. Primeiro podemos investigar sobre a orixe desta celebración de San Valentín e criticar o consumismo que a rodea. Despois tocaría escoller os libros partindo da invitación que nos ofrece cada un.

5º: ENCONTROS COA AUTORA_Antía Yáñez

@s alumn@s de 5º de Primaria recibiron a visita da autora de "Plan de rescate", Antía Yáñez, dentro do programa de animación á lectura promovido polo Concello. Puideron preguntarlle as súas inquedanzas sobre os personaxes e sobre a aventura que protagonizan!!

CURRIÑA A BIBLIOTECARIA

O curso pasado, @s alumn@s que este ano están en 4º de Primaria fixeron estes comics sobre o conto de Curriña, a mascota da biblioteca. Tédela visto? Fixádevos o próximo día que vaiades á biblioteca. Mentres tanto ollade estes cómics e o conto de Curriña. 

 

 COMICS CURRIÑA CONTO CURRIÑA
Distribuir contido


by Dr. Radut