Skip to Content

Animación á lectura

SEMANA DO LIBRO: Presentación álbum literario

O equipo de Biblioteca pon en marcha o Álbum Literario. En cada álbum haberá unha selección de obras moi variadas tocando temas como: inclusión,  aprender a pensar, poesía, teatro, cómic, manga, historia... A lectura dos títulos propostos dará dereito a conseguir o cromo correspondente para colocar no álbum.

A ler e coleccionar!!!

SEMANA DO LIBRO 2024

 

Na semana do Libro o Equipo de Biblioteca propuxo varias actividades para animar á lectura aos nos@s alumn@s:

TRIVIAL LITERARIO DE CÓMIC E MANGA
APADRIÑAMENTO LECTOR
BIBLIOCARRO NOS RECREOS

ENTREGA DE PREMIOS DO TRIVIAL LITERARIO

Entregáronse os premios aos mellores lectores de cada ciclo de Primaria que gañaron o concurso de Trivial organizado por Biblioteca Creativa en colaboración con Polos creativos.

SEMANA DO SAMAÍN: Trivial literario na Biblioteca creativa

Na semana do Samaín o alumnado de Primaria participou no Trivial Literario, no que respondían a preguntas sobre títulos adaptados á súa idade que lles correspondían despois de tirar as cabazas-dado, levando os cinco últimos clasificados como premio un anel con forma de caveira que se imprimiron coa impresora 3D.

BIBLIOTECA: ENTREGA PREMIOS CONCURSO BOOKTUBERS E TRIVIAL LITERARIO

Dende a biblioteca fíxose entrega dos premios aos gañadores do TRIVIAL LITERARIO e do CONCURSO DE BOOKTUBERS que realizamos para conmemorar o Día DO LIBRO. Podedes ver os seus traballos nos enlaces que adxuntamos.

 

XELA, SUPERHEROÍNA DE ALDEA

Inma Soto presentounos o seu conto sobre a nosa natureza, "Xela, superheroína de aldea" que pon en valor os nosos recursos e busca que as persoas miúdas queiran coidar o territorio.

 

1º E 2º PRIMARIA: Visita á Biblioteca Nós

@s alumn@s de 1º e 2º de primaria visitaron a Biblioteca Nodal "Nós", onde coñeceron os recursos e os recunchos desta Biblioteca referente en Galicia, cun xogo de pistas co que percorreron as instalacións.

 

BIBLIOTECA: TRIVIAL LITERARIO NA SEMANA DO LIBRO

Todo o alumnado do centro participou no Trivial Literario, no que respondían a preguntas sobre títulos adaptados á súa idade que lles correspondían despois de tirar os superdados coas portadas dos libros seleccionados.

 

 

OBRADOIRO DE CÓMIC

Dentro das actividades da Semana do Libro, tivemos un obradoiro de cómic dirixido por Simón, que nos ensinou distintas técnicas para expresarnos por medio da banda deseñada!

Para completar o programa tamén traballamos o cómic dixital, para elo @s alumn@s de 6º fixeron de guías para o resto dos compañeir@s!!

 

 

 

 

BIBLIOTECA: 8M ROBÓTICO

Dende a Biblioteca deseñouse un xogo, Pasapalabra robótico ( Escornabots ), un conxunto de  preguntas relacionadas con libros de temática feminista dos que dispoñemos na biblioteca.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut