Skip to Content

Equipo Normalización Lingüística

LETRAS GALEGAS 2024

Xa chegou a primavera ao noso cole. E con ela o mes das NOSAS LETRAS
Este ano homenaxeamos a Luísa Villalta e para elo contamos coa colaboración dos nosos nenos e nenas.

 

 

SEMANA DO SAMAÍN: Actividades do EDLG

Este ano a celebración do Samaín comezou o luns 30 de outubro coa proposta do ENDLG de "Camisetas terroríficas", cun debuxo terrorífico na parte dianteira da camiseta e unha palabra en galego do samaín na parte posterior. Ademais o equipo de espíritus e demais entes misteriosos escenificaron un contacontos de medo en todos os cursos de Infantil e Primaria.

Nota de agradecemento do EDLG.

 

 
 

ENDLG: "Camisetas terroríficas"

COLABORADORES ENDLG

 

MAIO 2023

Este ano a Anpa participou na  modalidade de Maio creativo, e para iso todos os ciclos de Primaria e Infantil aportaron elementos  para decorar a estrutura do maio: abellas, bolboretas, paxaros e flores.
E para completar a tradición o alumnado de 5º de Primaria elaborou as coplas.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2023: Francisco Fernández del Riego

O venres 12 de maio celebramos no colexio o Día das Letras galegas, adicado este ano a Francisco Fernández del Riego, "escritor e editor incansable, un dos fundadores de Galaxia, presidente e renovador da Real Academia Galega e impulsor do Día das Letras Galegas, foi sempre un home ponte entre xeracións, ideoloxías e entre a Galicia de aquén e de alén mar" (Portal da Lingua).

LETRAS GALEGAS 2023: Francisco Fernández del Riego

 O Equipo de Dinamización da Lingua Galega convida ás familias dos nosos nenos e nenas a celebrar todos xuntos o Día das Letras Galegas. Na seguinte presentación deixámosvos todos os detalles e ante calquera dúbida xa sabedes onde atoparnos

Estamos desexando que chegue o día.

Grazas familias, sen a vosa axuda a actividade non será posible!!!!

Enlace a Genially

 

 

 

 

 

 

 

 

ENDLG: "QUERO CONTARCHE UN CONTO" para Infantil e Primaria

 

DÍA DE ROSALÍA

 

VENRES 3 MARZO: "Quero contarche un conto"

Distribuir contido


by Dr. Radut