Skip to Content

Secretaría

LISTADOS MATERIAL FUNXIBLE

O material funxible dos distintos niveis para o curso 2020/21 está publicado no seguinte enlace:

 

MATERIAL FUNXIBLE CURSO 2020/21

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA PARA O CURSO 2020-2021 DO ALUMNADO DE NOVA ADMISIÓN

Entre o día1 e o 10 de xullo deben pasar polo centro formalizar a matrícula do alumnado de nova admisión. De non facelo entenderase que renuncian á praza.

Para a matrícula do alumnado de Educación Infantil deben cubrir os formularios adxuntos de formalización, enquisa e imaxe e presentalos na secretaría do centro xunto con seis fotografías tamaño carné, fotocopia da tarxeta sanitaria e fotocopia da cartilla de vacinacións.

Para o resto de alumnado presentarán o anexo de formalización e a autorización para o uso da imaxe.

Se desexan utilizar o servizo de comedor ou acollida temperá, cubrirán os impresos correspondentes que encontrarán nos arquivos adxuntos.

O horario de presentación en secretaría será de 10 a 13 horas.

 

MENSAXE DA DIRECTORA

                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                               

 

 

BOLETÍNS DE CUALIFICACIÓN

As cualificacións finais publicaranse o día 19 e poderán consultalas a través de Abalar.

Ás familias que non están rexistradas na aplicación enviaránselles por correo electrónico.

Ao alumnado de 6º entregaránselle os boletíns xunto co historial académico o día 23 de xuño.

ADAPTACIÓN PROGRAMACIÓNS CURSO 2019/20

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO - AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL - CURSO ESCOLAR 2020/21

 ORDE do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/2021 (código de procedemento ED330B) (Diario Oficial de Galicia do 19 de maio de 2020).

 

Fondo solidario de libros de texto: alumnado matriculado en 3º e 4º de Educación Primaria no vindeiro curso.

Axudas para adquirir libros de texto: alumnado matriculado en 1º e 2º de Educación Primaria e Educación Especial no vindeiro curso.

Axudas para adquirir material escolar: Todo o alumnado matriculado en Educación Primaria.

O alumnado de 5º e 6º de Primaria, por estar no proxecto de educación dixital (E-DIXGAL) no curso 2020/21 está excluído da participación no fondo solidario de libros de texto e das axudas para adquirir libros de texto. Non obstante, poderán solicitar a axuda para adquirir material escolar cando reúnan os requisitos establecidos na orde.

Forma de presentación

Na convocatoria actual, igual que no curso anterior, os cidadáns poderán realizar a solicitude accedendo á aplicación Fondolibros, e unha vez que teñan cubertos todos os datos deberán gardala, obtendo así o número de solicitude, e posteriormente poderán optar polas seguintes formas de presentación:

Presentación no centro: Neste caso imprimirán a solicitude e o anexo II e presentaranos no centro (debidamente asinados), xunto coa documentación (copia do libro de familia que acredite o número de membros da unidade familiar)

Presentación telemática: na Sede Electrónica da Xunta de Galicia.

Prazo de presentación: Do 20 de maio ao 19 de xuño, ambos incluídos.

 

Orde de 12 de maio de 2020

 

Modelo de solicitude e instrucións nos arquivos adxuntos.

NOTA INFORMATIVA SOBRE O CORONAVIRUS

 

 Estimadas familias:

Como ben saberán polos medios de comunicación e pola comparecencia do Presidente, a Xunta de Galicia, como medida preventiva para frear o avance do coronavirus, tomou onte a decisión de suspender a actividade lectiva regulada  e os servizos complementarios en todos os centros de ensino durante 14 días naturais a partires do luns, 16 de marzo.

Onte, xoves, algúns pais e nais chamaron ao centro preguntando; pero, lamentablemente, non puidemos darlles moita información porque, ata as 19:39 horas non houbo comunicado oficial a través da páxina Web da Consellería de Educación http://www.edu.xunta.gal/portal/medidas-coronavirus.

A noticia, a pesar da rumoroloxía, foi unha sorpresa par todos, incluídos os directivos dos centros. Entendemos que a situación é complicada para as familias, pero nos centros non puidemos comunicar nada ata que tiveramos confirmación oficial.

Ao longo da mañá de hoxe, venres, publicaremos na páxina web do centro instrucións para a realización de actividades que o alumnado poida facer no seu domicilio. Se teñen algunha dúbida ao respecto, o profesorado do centro está dispoñible para resolvela.

A dirección do centro comunicará calquera información relevente ao respecto  e estaremos á disposición das familias para calquera dúbida.

Dende o centro aconsellamos tranquilidade e responsabilidade no cumprimento das medidas adoptadas.

 

Ourense, 13 de marzo de 2020

 

A Directora, Mª Isabel Domínguez Pérez

PROCESO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO PARA O CURSO 2021-2022

 

 SOLICITUDE DE RESERVA DE PRAZA PARA O IES AS LAGOAS CURSO 2021-2022

 

 Prazo:

 Do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro de 2021, ambos incluídos.

 Lexislación:

Decreto 254/2012 do 13 de decembro, que regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
Orde do 12 de marzo de 2013 desenvolve o devandito Decreto 254/2012.
Orde do 25 de xaneiro de 2017 modifica a Orde do 12 de marzo de 2013.

Documentación que debe entregarse no centro onde cursa estudos actualmente:

 - Anexo I debidamente cuberto.

 - Formulario de previsión de matrícula.

- En caso de non autorizar a súa consulta, fotocopia do DNI ou copia da páxina do libro de familia onde figura o/a alumno/a.

 O Anexo I pode cubrirse na páxina web da Xunta (admisionalumnado) e entregalo no centro ou ben presentalo de xeito electrónico coa sinatura dixital. Enviaremos a través do alumnado fotocopia en papel para os que o precisen.

 O formulario de previsión de matrícula pódese descargar tamén na web do IES As Lagoas http://www.edu.xunta.es/centros/iesaslagoas/

 No suposto de que exista máis demanda que oferta de postos escolares, comunicaráselles aos interesados e publicarase no taboleiro de anuncios do IES As Lagoas e na súa páxina web, debendo presentar a solicitude de Admisión e a documentación xustificativa para a aplicación do baremo (Artigo 12).

 No caso de que non teñan ningunha comunicación ao longo do mes de febreiro entenderase que ten reservada a praza para o vindeiro curso.

 Formalización da matrícula: Entre o 25 de xuño e o 10 de xullo.

A reserva adquirirá carácter vinculante e será incompatible coa presentación de solicitude noutro centro, salvo renuncia expresa e por escrito presentada no centro antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

Nos arquivos que se adxuntan poden descargar os formularios.

 

                                                                           Ourense, 10 de xaneiro de 2021

                                                                                       A Directora

                                                                          Asdo.: Mª Isabel Domínguez Pérez

 

LISTAXE DEFINITIVA ADXUDICACIÓN FONDOLIBROS 3º PRIMARIA

No seguinte enlace poden consultar as adxudicacións definitivas de libros de 3º de Primaria aos alumnos e alumnas que presentaron solicitudes de FONDOLIBROS.

Os libros entregaranse a primeira semana de setembro.

Distribuir contido


by Dr. Radut