Skip to Content

Equipo Normalización Lingüística

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO 2019

 

O pasado día 24 de febreiro celebramos o Día de Rosalía de Castro. No CEIP Curros Enríquez tod@s somos Rosalía e facemos nos@s os valores polos que ela loitou.

 

 

 

 

FESTIVAL LETRAS GALEGAS 2018

 

O día 20 de xuño celebramos o Festival das Letras Galegas que pon o broche a este curso 2017/18.

Houbo un pouco de todo: bailes, teatro, cancóns... e como non, a entrega de orlas e bandas de graduación aos alumn@s de 6º de Primaria que deixan o colexio para seguir en Secundaria.

Podedes ver a galería de fotos e o vídeo do festival.

Ademáis, @s que queirades descargar a presentación de despedida d@s alumn@s de 6º podedes facelo aquí tamén (instrucións de descarga)

 

 

 

 

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2018

Este ano o Día das Letras Galegas está adicado a María Victoria Moreno Márquez, polo seu labor na literatura infantil e xuvenil en galego. Para conmemorar o día, @s alumn@s de 6º escribiron poemas, deseñaron caligramas e elaboraron un comic sobre a vida da escritora.
 

 

 

2º: DÍA DE ROSALÍA

@s alumn@s de 2º tamén recordaron a Rosalía de Castro, e para elo ilustraron o poema "Adiós ríos, adiós fontes". Podedes escoitar o poema musicado por Amancio Prada mentres disfrutades dos seus traballos.

 


 

 

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO 2018


 

 

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) conmemora un ano máis o Día de Rosalía de Castro.

Para o 24 de febreiro, fixado no Calendario do Libro e da Lectura como aniversario do nacemento da autora, esta entidade propón desde 2010 á cidadanía que agasalle un libro en galego e unha flor, alén doutras accións que contan con grande aceptación e impulso por parte da sociedade, e moi especialmente polos colexios. Velaquí a nosa aportación. ABRIDE A FIESTRA!!

Cada ano a AELG encomenda a un autor/a o texto do manifesto que se propón ler en cada un dos actos que calquera entidade ou colectivo queira organizar para celebrar o Día de Rosalía de Castro. Este ano foi María Reimóndez a encargada da elaboración do seguinte manifesto

 

FESTIVAL LETRAS GALEGAS 2017

O día 22 de xuño celebramos o Festival das Letras Galegas que pon o broche a este curso 2016/17.

Houbo un pouco de todo: bailes, teatro,... e como non, a entrega de diplomas e bandas de graduación aos alumn@s de 6º de Primaria que deixan o colexio para seguir en Secundaria.

Podedes ver a galería de fotos e o vídeo do festival.

Ademáis, @s que queirades descargar a presentación de despedida d@s alumn@s de 6º podedes facelo aquí tamén (instrucións de descarga)

 

 
   

DÍA DA PAZ 2017

 

 

Como cada 30 de xaneiro, dende o ano 1964 e coincidindo co aniversario do asasinato de Mahatma Gandhi (30 de xaneiro de 1948), celebrase nos centros de ensino o Día escolar da Non-Violencia e da Paz.

O seu obxectivo é a educación en e para a tolerancia, a solidariedade, a concordia, o respecto aos Dereitos Humanos, a Non-Violencia e a Paz. Neste día, os centros educativos convértense en instrumentos de paz e entendemento entre persoas de distinta formación, raza, cultura e relixión.

Mirade que traballos fixemos para conmemorar este día tan arraigado no noso colexio!!

 

   

LETRAS GALEGAS 2017

O pasado 17 de maio celebrouse o Día das Letras Galegas, dedicado este ano ao ourensán Carlos Casares. Botade unha ollada para ver os traballos que elaboraron os alumn@s do colexio para conmemorar este día tan sinalado para a lingua galega!  
   

4º: DÍA DO MEDIO AMBIENTE

O pasado 5 de xuño conmemorouse o Día do Medio Ambiente, e @s alumn@s de 4º, que fixeran unha plantación de nogueiras no patio do colexio, levaron cadansua nogueira para plantalas nas súas fincas e poder comer noces dentro duns anos. Un xeito nutritivo de coidar o medio ambiente e contribuir á redución do efecto invernadoiro!!

 

INFANTIL NA XXVIII EXPOSICIÓN DE ANIMACIÓN Á LECTURA: "Máis aló das nubes...."

 

 

@s alumn@s de Infantil asistiron á XXVIII EXPOSICIÓN DE ANIMACIÓN Á LECTURA que organizou a Concellería de Educación no Auditorio Municipal. O título da exposición foi "Máis aló das nubes....", e ás nubes nos levaron porque fixeron voar a nosa imaxinación...

A prensa local tamén se fixo eco da inauguración desta exposición á que asistían os nen@s de 4 anos (enlace).

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut