Skip to Content

Segundo ciclo Primaria

4º NO IV CENTENARIO DA MORTE DE CERVANTES

 

 

Recentemente @s alumn@s de 4º de Primaria do CEIP Santa Ana de Cuenca enviaron unha carta aos alumn@s de 4º do noso colexio, cunha petición moi interesante: que lles traducisen ao galego o 1º capítulo de "D. Quijote de la Mancha".

O obxectivo era participar con ese traballo nunha exposición que levarán a cabo no colexio conquense co gallo do IV Centenario da morte de Cervantes.

E aquí tedes o resultado, olladeo que pasaredes un bo rato!!

3º: AS FORMAS DO RELEVO

 

 

@s alumn@s de 3º elaboraron estas maquetas para darlle volume ás formas do relevo.

Mirade que ben quedaron e que ilustrativas!!

 

              

3º E 4º CON ODAIKO PERCUSSION GROUP

 

@s alumn@s de 3º e 4º asistiron no Auditorio Municipal a unha actividade organizada pola Área educativa de Afundación: "Cousas de 4", de Odaiko Percussion Group.

Catro son os elementos que definen o espectáculo: instrumentos do mundo da percusión contemporánea, elementos de nova creación, comicidade nas miradas e moita improvisación e efecto sorpresa.

Páxina web Odaiko

@S DE 4º COMEZAN O DÍA CON ENERXÍA

O día 14 de xaneiro @s alumn@s de 4º de Primaria participamos nunha actividade na que aprendemos a almorzar de xeito saudable. Nela ensináronnos algunhas cousas sobre os alimentos e puidemos facer prguntas para aclarar as nos@s dúbidas.

De seguido fixemos un xogo que consistía en pegar nun cartón de leite as fases que atravesa o leite ata chegar aos supermercados.

E por último, tomamos o almorzo que nos prepararon.

Grazas a esta actividade saberemos como almorzar de xeito saudable acotío, para vir ao colexio con máis enerxía.

 

Claudia, 4º de Primaria

 

 

NANA PARA UN SOLDADO

 

 

@s alumn@s de 3º e 4º acudiron ao Auditorio para ver a obra de teatro "Nana para un soldado". A obra trata de facer reflexionar aos nen@s sobre o absurdo das guerras e a necesidade de entenderse.

Relata o encontro de dous soldados inimigos na fronte de batalla. Ambos os dous terán que deixar de lado as súas diferenzas para facerse cargo dun pequeno imprevisto: o nacemento dun neno.

 

 

 

 

O CORO DE 4º NO "IX CERTAME DE RUADA"

O pasado 23 de xuño @s alumn@s de 4º cantaron coa Coral de Ruada no Auditorio Municipal.

Colaboraron con dúas cancións que xa prepararan durante o curso e xa gravaran con anterioridade: a "Pandeirada de Ourense", que tamén contou coa colaboración da alumna de 3º, Antela, como pandereiteira, e a "Cantarela".

Se queredes escoitar as cancións premede nos vídeos; escoitalos pon a pel de galiña pola emoción que transmiten!!!

 

4º NO MUSEO MUNICIPAL

@s alumn@s de 4º de Primaria acudiron ao Museo Municipal para participar na campaña de Animación á lectura promovida pola concellería de Educación.

Alí visitaron a exposición dos traballos elaborados polos nen@s doutros colexios (e tamén do noso co conto "Viaxar con arte ou a arte de viaxar"), manipularon contos e ademáis participaron nun contacontos moi divertido...!

 Ademais aproveitaron a viaxe para elaborar o itinerario que percorreron dende o colexio ata o Museo Municipal.

Mirade as fotos para comprobar o ben que o pasaron!!

 

VISITA Á POLICÍA LOCAL

@s alumn@s de 4º visitaron a comisaría da Policía Local do concello, que inclue un percorrido polas dependencias, para dar a coñecer a organización e o funcionamento deste servizo, incluida unha charla sobre seguridade viaria.

O obxectivo é dar a coñecer de preto o traballo que realizan os axentes da Policía Local e as súas instalacións.

Ademáis o itinerario para ir á comisaría é moi, moi interesante; se queredes velo tedes que entrar no álbum fotográfico!!

 

4º VISITA A DEPURADORA DE AUGAS

O pasado mes de abril @s alumn@s de 4º visitaron a ETAP de Ourense (Estación de tratamento de augas potables).

O obxectivo é concienciar aos escolares sobre a importancia da auga e o medio ambiente e achegarlles o coñecemento dos ciclos natural e urbano da auga.

 

 

OS NOSOS VERSOS

Coincidindo coa conmemoración do Día Internonacional da Poesía (21 de marzo), os alumn@s de 4º participaron na actividade "Os nosos versos", dentro do programa de Animacion á lectura da Concellería de Educación.

O día 19 de marzo acudiron á escalinata de Sta. María Nai, xunto cos cursos de 4º doutros colexios do concello.

Alí recitaron unha poesía, acompañando coa expresión corporal para resaltar os contidos da mesma. Resultou moi emotivo, pero o mellor é que vexades o video e as fotografías para poder comprobalo!!

 
   
Distribuir contido


by Dr. Radut