Skip to Content

Equipo Normalización Lingüística

DÍA DOS MUSEOS 2017


Con motivo do Día Internacional dos Museos que se celebrou o xoves 18 de maio, o Museo Arqueolóxico de Ourense abriu as súas portas aos escolares. Os alumn@s de 2º, 4º e 6º de primaria realizaron unha visita polas instalacións do que foi pazo episcopal ata mediados de século, e foron descubrindo como o edificio foi evolucionando dende a súa orixe romana ata a actualidade. Os cativ@s puideron coñecer tamén nun obradoiro un pouco máis da historia da colonización romana e a convivencia cos castrexos : "Castrexos e romanos, amigos ou inimigos?".
Así puideron elaborar  en barro as súas propias táboas de hospitalidade como as que asinaron os romanos cos castrexos de Castromao, que podedes ver nas reportaxes fotográficas que realizamos.

 

 

 

 

6º: DOBRAXE NA ESCOLA

 

É unha ferramenta máxica e novidosa, que ademáis de ser capaz de captar a atención dos nosos nenos e nenas, sobre aspectos básicos na comunicación oral (como cadencia, ritmo, intención...). tamén traballa aspectos tan importantes como a concentración, a empatía e o traballo en equipo; ao tempo que motiva aos rapaces e raparigas para se divertiren na nosa lingua.

DE QUE FALAMOS? Da técnica da dobraxe de películas, e concretamente nas películas de animación.
@s alumn@s de 6º asistiron a unha sesión de dobraxe na que o pasaron en grande, e senon lede as súas valoracións neste enlace.

 

SEMANA DA SAÚDE

   

  Na semana do 3 ao 7 de abril celebramos a Semana da Saúde, cunha serie de Obradoiros enmarcados dentro do programa “Saúde Integral” organizado polo Concello.
Dende o programa  preténdese educar no só en coñecementos, sino en valores e actitudes respecto á saúde, como fundamentos básicos para a adquisición de condutas saudables que perduren toda a vida.

Facede clic nas fotografías para ver os obradoiros.

 

 
  

OS TRABALLOS DO ENTROIDO

 

O Entroido é unha das conmemoracións fixas no curso que centra a creatividade dos nos@s alumn@s. Mirade que traballos elaboraron!!  
   

5º- ENCONTROS CO AUTOR: MANUEL RIVAS

Este curso @s alumn@s de 5º participaron na actividade "Encontros co autor" organizada pola da Concellería de Educación. Primeiro leron a obra de Manuel Rivas "Bala perdida", para logo acudir a unha charla co autor, co que puideron coñecer de cerca o seu traballo e facerlle preguntas relativas á novela que leron.
Unha actividade moi interesante!!

DESFILE DE ENTROIDO 2017

 

 

Chegou o carnaval e despois de moitos preparativos na casa e no colexio, celebramos o desfile de entroido. O patio encheuse de colorido cos disfraces do circo: paiasos, mimos, magos e ilusionistas, forzudos, malabaristas...
Este curso contamos con animación durante e despois do desfile (financiada polo colexio e pola ANPA). Ninguén se movía para non perder detalle!!
Pasámolo moi ben, e proba delo é a colección de fotografías que podedes ver!!

DÍA DA PAZ

Como cada 30 de xaneiro, dende o ano 1964 e coincidindo co aniversario do asasinato de Mahatma Gandhi (30 de xaneiro de 1948), celebrase nos centros de ensino o Día escolar da Non-Violencia e da Paz.

O seu obxectivo é a educación en e para a tolerancia, a solidariedade, a concordia, o respecto aos Dereitos Humanos, a Non-Violencia e a Paz. Neste día, os centros educativos convértense en instrumentos de paz e entendemento entre persoas de distinta formación, raza, cultura e relixión.

Mirade que traballos fixemos para conmemorar este día tan arraigado no noso colexio!!

 

   

POESÍA NO NADAL

 

 

Antes de abandonar a estela do Nadal temos que publicar os poemas que escribiron @s alumn@s de sexto para felicitar a toda a Comunidade Escolar, despois de encargarse da elaboración das figuras e da montaxe do Belén.

 

TRABALLOS DO NADAL

 

O Nadal é fonte de inspiración de moitos traballos, tanto en Infantil como en Primaria, e senon comprobadeo nos enlaces das fotografías.

 

FELIZ NADAL

 

 

Felices festas á comunidade educativa do CEIP Curros Enríquez. Esta é a felicitación elaborada coas postais gañadoras do concurso celebrado no colexio.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut