Skip to Content

OS DE 5º CON ENERXÍA

Coincidindo co Cumio do Clima en París, @s alumn@s de 5º están traballando o tema da enerxía, e ademais de estudar os circuitos eléctricos, tamén propoñen o uso das enerxías renovables.

Nas fotografías podedes ver varios circuitos elaborados polos alumn@s, e tamén un video explicativo sobre a produción de enerxía eléctrica nun encoro.

Se queredes saber como se produce a transformación de enerxía hidraúica en enerxía eléctrica nun encoro, consultade este video.

 

CAMPO A TRAVÉS 2015

Na mañá do xoves 10 de decembro participamos no Campionato Escolar de Campo a través, no circuito de Monterrei.

O tempo para celebrar a proba foi excepcional, pois luciu o sol dende a primeira hora.

A participación foi moi numerosa, tanto polo número de colexios da zona de Ourense como polo número de atletas. Tod@s conseguiron completar a carreira e chegar  con boas sensacións, as necesarias para seguir mellorando. Resaltar o 2º posto de Julia Fernández Margusino en Benxamín feminino e o 1º posto de Candela Nóvoa Morales en alevín feminino.

Noraboa a tod@s!!

NADAL EN CURROS

 

@s alumn@s de Infantil, coa colaboración das súas nais/pais, decoraron estas botas para adornar a entrada do colexio.

Mirade que botas máis chulis, seguro que este ano imos ter un montón de regalos.

 

 

 

A VOLTA AO MUNDO EN 80 DÍAS: EGIPTO

 

Cando chegamos a Egipto fomos recibidos inesperedamente por un faraón moi coñecido por todos nós. A ver se o recoñecedes: é Tutanmateón.

Pasámolo moi ben e non houbo momia que conseguira asustarnos.

 

 

 

A VOLTA AO MUNDO EN 80 DÍAS: PARÍS E ROMA


.

Sen perder tempo, os nosos protagonistas saen de viaxe para completar a 3ª e 4ª etapas, e poñen rumbo a París.

Oh lala, Paris...!!

 

Pero non podemos pararnos moito,así que xa temos a maleta preparada para... Italia.
Gustaríanos pór dereita a torre de Pisa, pero non temos tempo porque o seguinte destino é...Egipto.

 

 

OS DE 2º NO FESTIVAL DE CINE OUFF

 

Con motivo da celebración da 20ª edición do Festival Internacional de Cine de Ourense (OUFF),e dentro da programación do OUFF ESCOLA, os alumn@s de 2ºasistiron á proxección da película de animación "MAIMIÑO" (versión libre do conto "Pulgarcito").

É unha película Galego-Cubana de animación do ano 2014 dirixida por Ernesto Padrón e con banda sonora orixinal de Silvio Rodríguez.


Maimiño  é a historia dun pequeno labrego que quere sacar á súa familia da pobreza. Unha plaga de insectos que destrúen a colleita do campo no que vive, e o encontro co Espello Máxico da Media Laranxa, son os sucesos que o levarán á aventura. O Espello revélalle quen é a muller dos seus soños e anímao a ir a cidade xunto aos seus irmáns, Pablo e Pedro.



A VOLTA AO MUNDO EN 80 DÍAS: 2ª ETAPA

 

 

Por onde andan @s nos@s amig@s de infantil de 5 anos?? Dende Madrid despegaron co seu avión, sen máis demora ... rumbo a Londres, onde se argalla toda esta historia.
A partir de agora seguirán os pasos do noso gran amigo Willy Fogg.

 

NANA PARA UN SOLDADO

 

 

@s alumn@s de 3º e 4º acudiron ao Auditorio para ver a obra de teatro "Nana para un soldado". A obra trata de facer reflexionar aos nen@s sobre o absurdo das guerras e a necesidade de entenderse.

Relata o encontro de dous soldados inimigos na fronte de batalla. Ambos os dous terán que deixar de lado as súas diferenzas para facerse cargo dun pequeno imprevisto: o nacemento dun neno.

 

 

 

 

OS TRABALLOS DO MAGOSTO E DO SAMAÍN

 

 Ademáis das correspondentes celebracións do Magosto e do Samaín, temos unha importante produción de traballos que podedes ver a continuación:


 

DÍA DE MAGOSTO

 

O día 10 de novembro, véspera do S. Martiño, celebramos o Magosto no colexio. Xogos, carreiras, castañas e tizóns para pintar a cara.

Pasámolo moi ben!! E senon mirade as fotografías da festa!!

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut