Skip to Content

A VOLTA AO MUNDO EN 80 DÍAS: OS PHILEAS FOGG DE 5 ANOS

Despois da nosa experiencia coa maleta viaxeira no curso pasado, collémoslle o gusto a esto de andar por aí descubrindo cousas novas . E aquí nos tendes seguindo nada máis e nada menos que a gran obra de Julio Verne "La vuelta al Mundo en 80 días".
Así que convertid@s tod@s en auténtic@s Phileas Fogg, comezamos a nosa aventura...
 
 
 Dada a nosa situación xeográfica, comezaremos por marcar un itinerario ben preciso para non perder moito tempo, pois a nosa viaxe remata co Nadal. Temos que estar de volta para recibir a Papá Noel en Ourense.

Primeiro desprazámonos ata Madrid (dende alí témolo máis doado),onde xa temos os nosos avións esperándon@s. Para iso alugamos un hangar, para non ter contratempos.

Pero unha vez na capital de España, aproveitamos para visitar algúns sitios que xa nos soaban: Cibeles, Porta de Alcalá, Palacio Real, Museo do Prado...

 

OS DE 5º FORON Á VENDIMA

 

Xa case é tempo de magosto e toca facer os preparativos, así que imos probar o viño novo da vendima que fixeron os nen@s de 5º de Primaria.

Estaban tan inspirad@s que escribiron estes poemas e debuxaron os carteis para a Festa da Vendima.

Ollade os traballos que nos brinda a imaxinación destes vendimadores!!

 

O SAMAÍN NO CURROS



 

 Pantasmas, bruxas, arañas...fixeron aparición no cole para celebrar o Samaín. Pasámolo de medo, mentres nos observaban todos estes seres terroríficicos elaborados polos alumn@s. Pasade e miiiiiraaaaadeeee...!!!

 

 

 

 

SEMANA EUROPEA DA MOBILIDADE

 

Aprender educación viaria e ao mesmo tempo facer exercicio san, con este bo propósito colleron a bicicleta os alumn@s de 6º do noso colexio.
Participaron nunha das actividades programadas polo Concello de Ourense dentro da "Semana da mobilidade" , que promove o transporte sostible.

Antes de darlle aos pedais convén coñecer o percorrido. O mellor xeito é facelo a pé, así os nen@s tamén botaron unha carreira para quecer. A primeira obriga antes de coller a bicicleta é poñer todas as medidas de protección, ante todo o casco. Logo toca aprender a conducir e para iso hai que coñecer os sinais e respectalos.

A educación viaria non é o único obxectivo da actividade, tamén se promoven hábitos sans.

Non está de máis tampouco, saber máis de mecánica de bicicletas, polo que poida pasar. Así recibiron unha explicación rápida por parte dun técnico.

 

 

 

 

 

5º AO CONCERTO INAUGURAL CURSO 2015-2016 DA ORQUESTA XUVENIL DA EMMO

Os alumn@s de 5º de Primaria acudiron no mes de setembro a un concerto participativo na Praza de San Martiño, a cargo da orquesta xuvenil da Escola Municipal de Música de Ourense(EMMO, composta por alumnado de secundaria e profesorado da mesma).
A finalidade do mesmo era inaugurar o curso escolar 2015-2016.
 
 
   

AXUDAS PARA MATERIAL DE PRIMARIA

No DOG do martes, 1 de setembro de 2015,convócanse axudas para a adquisición de material escolar para primaria e secundaria.

Hai un mes de prazo para entregar a solicitude no centro.

Xunto coa solicitude, que se pode descargar no arquivo adxunto ou recollela no centro, entregarase copia do libro de familia ou sentenza de separación ou divorcio, se é o caso.

INICIO DO CURSO 2015-2016

O CURSO COMEZA O XOVES, DÍA 10 DE SETEMBRO.

AS CLASES ESE DÍA SERÁN DE 11 A 14 HORAS. HABERÁ SERVIZO DE COMEDOR.

OS PAIS E NAIS DO ALUMNADO DE TRES ANOS TERÁN UNHA REUNIÓN COA TITORA ÁS 11:15 HORAS.

LISTAXE DEFINITIVA ADXUDICACIÓN FONDOLIBROS 3º PRIMARIA

No seguinte enlace poden consultar as adxudicacións definitivas de libros de 3º de Primaria aos alumnos e alumnas que presentaron solicitudes de FONDOLIBROS.

Os libros entregaranse a primeira semana de setembro.

LISTAXE PROVISIONAL ADXUDICACIÓN FONDOLIBROS 3º PRIMARIA

No seguinte enlace poden consultar a adxudicación provisional de libros de 3º de Primaria aos alumnos e alumnas que presentaron solicitude de FONDOLIBROS.

O horario de secretaria para posibles reclamacións é de 10.00 a 12:00 os días 8 e 9 de xullo.

A listxe definitiva publicarase o día 15 de xullo.

Os libros entregaranse a primeira semana de setembro.

LIBROS TEXTO 4º EDUCACIÓN INFANTIL (3 anos)

Distribuir contido


by Dr. Radut