Skip to Content

Segundo ciclo Primaria

AQUALOXÍA: DÍA MUNDIAL DA AUGA (22 MARZO)

O  martes 10 de marzo, a clase de 4° participou nunha actividade sobre a auga.
    Primeiro baixamos á aula de informática para ver un video sobre o percorrido  que fai unha gota de auga ata que sae pola billa no colexio ou na nosa casa, pasando primeiro  pola depuradora e pola potabilizadora.


    Logo fixemos uns divertidos experimentos:

Un deles fixémolo con auga salgada, envasada e auga da billa.Tiñamos que ir probando cada unha de elas e dicir se había algunha diferenza, pois a cor era a mesma. A do grifo e a normal sabían prácticamente o mesmo, pero a outra sabía a mar. Explicáronnos que tiñan un aparato que se utilizaba para controlar o nivel de minerais da auga somente metendoo nela.

    O experimento no que máis nos rimos foi no do globo . O monitor puxo un globo encima da cabeza dun neno e cun acendedor... PUM...!!!. Despois probou cun globo cheo de auga pero non estoupou. Fixemos tamén unha depuradora caseira con diferentes filtros de algodón e filtros de papel  de cafeteira.
    Por ultimo, fixemos un xogo no patio no que participamos todos/as. Por grupos fomos expresando co noso corpo os diferentes sitios por onde pasa o auga dende os ríos ou encoros ata as nosas casas.
   Falamos tamen de como podemos aforrar auga e que cousas debemos facer para NON CONTAMINALA.

Como traballamos moito recibimos UN DIPLOMA de VIXIANTE OFICIAL DA AUGA.


                                         Mateo e Santi de 4°                    

 

 

 

 

4º VISITA O SALON DE PLENOS DO CONCELLO

O luns 2 de marzo o alumnado de 4° de primaria, fomos ao Concello, na praza Maior. Entramos no Salón de Plenos e  sentámonos nos diferentes escanos dos concelleiros. O salón era moi bonito, con tódalas paredes pintadas dunha cor salmón. No teito e nas paredes había escudos de Ourense, incluso nos sillóns da mesa Presidencial.

A encargada do protocolo explicounos algunhas cousas sobre as persoas que saen elixidas nas votacións municipais que se realizan cada 4 anos. En total hai 27 concelleiros/as. Algúns nen@s subiron á mesa presidencial e sobre un libro prometeron o cargo coma si foran os novos concelleiros/as. Detrás da mesa habia un retrato do Rei Felipe VI. Ah! Nos escanos dos concelleiros había micrófonos.

Na última parte da actividade explicáronnos as partes dos escudos de España, de Galicia e de Ourense, e o significado de cada unha delas. Sabíades que hai catro tipo de coroas? Pois si. Hai coroa de principe, ducal, real e mural. A coroa real podémola ver na parte de arriba do edificio do Banco de España, na rúa do Paseo.

Lucia, Samuel e Angel de 4°

 

OS DE 4º NA ESCOLA MUNICIPAL DE ARTES ESCÉNICAS

O pasado venres 27 de febreiro @s alumn@s de 4º de Primaria acudiron á Escola Municipal de Teatro, dentro do programa de actividades

"TEATRO, CINE E DANZA NA ESCOLA"organizado pola concellería de Educación. Alí aprenderon a caracterizarse elaborando vestuario con material sinxelo.

   

CURRIÑA A BIBLIOTECARIA

O curso pasado, @s alumn@s que este ano están en 4º de Primaria fixeron estes comics sobre o conto de Curriña, a mascota da biblioteca. Tédela visto? Fixádevos o próximo día que vaiades á biblioteca. Mentres tanto ollade estes cómics e o conto de Curriña. 

 

 COMICS CURRIÑA CONTO CURRIÑA

CONCERTO DE NADAL

@s alumn@s de 4º ofrecéronnos un miniconcerto, para amosar aos seus compañeir@s os seus avances no dominio do instrumento. Todo esto nun contexto de ledicia polas inminentes vacacións de Nadal e cun punto de tristura pola marcha da profe "Tati".

 

 
   

OS DE 4º VAN AO TEATRO

 

O 29 de outubro os alumn@s de 4º de Primaria asistiron a unha función teatral: "Antía, Wamba e o regato pequeno" no Auditorio Municipal, pasárono tan ben que ata participaron na obra, neste cole temos uns grandes artistas!!

 

   

LUDUS, A XOGAR COMO ROMANOS

O  Museo  Arqueolóxico  Provincial  de  Ourense convidou aos alumnos de 3º de Primaria do noso Colexio a participar no obradoiro
"Ludus, a xogar como romanos!".
Os romanos eran moi afeccionados ó xogo. Nenos e adultos xogaban na casa, na rúa, no foro e incluso cando viaxaban. Moitos dos xogos romanos sobreviviron ata  hoxe  en  día,  pero  a  era  dos  videoxogos  e  da  Internet  provoca  que  moitos
nenos  tendan  a  xogar  no  interior  das  súas  casas  a  xogos  individuais  e  moitos
xogos dos seus pais e avós, cuxa orixe está en Roma, estean agora en desuso.
Con este obradoiro os nenos achegáronse aos xogos cos que se entretiñan os nenos –filius- romanos. Xogos de tipo motriz e intelectual, cos que viaxamos
no tempo ata o século I a V, cando os romanos vivían nas nosas terras.

A actividade completouse coa fabricación  de  xogos que facilitaron unha aprendizaxe lúdica e
activa. 
Esta  actividade  enmárcase  dentro  da  programación  con  motivo  do  Día Internacional  dos  Museos.  Este  ano  co  lema:  “Os  vínculos  creados  polas coleccións dos museos”.

 
 CLICADE NA FOTOGRAFÍA PARA VER O RESTO DAS FOTOGRAFÍAS DO OBRADOIRO  

O DÍA DA POESÍA E O DÍA DA ÁRBORE

O 21  de marzo, que é o primeiro día da primavera, celébrase o Día da Poesía .

@s alumnos de 3º celebrámolo cun recital de música e poesía para fomentar a lectura de poemas.
Ese mesmo día tamén se celebra o Día da árbore, como un recordatorio da importancia de protexer os bosques, e para festexalo, acostúmase plantar árbores.

Nós este ano non plantamos ningunha árbore pero fixemos unha exposición das árbores máis frecuentes do noso contorno, co seu nome en galego e en castelán.

   

VISITA Á POLICÍA LOCAL

   O mércores 24 de abril visitamos á Policía Local.
   Fixemos o percorrido camiñando pola beira do río, no barrio da Ponte, ata a ponte do Milenio, onde sacamos unha  foto de toda a clase.
   Cando chegamos ,  ensináronnos un plano da cidade de Ourense onde aparecían todos  os  semáforos (luz verde funcionaban , luz vermella estaban estropeados).
   A continuación  pasáronnos a unha sala onde a xente viña a facer as denuncias ou a solicitar algún permiso. Tivemos que falar moi baixo para que puideran seguir traballando.
   A sala seguinte foi moi interesante. Era unha sala como a que aparece nas películas, chea de pantallas onde controlaban o tráfico das diferentes zonas da cidade.
   Tamén nos ensinaron a sala de tiro. Alí puidemos ver as dianas para a práctica de tiro e  explicáronnos como era unha bala por dentro. Explicáronnos que para que o ruído non afectara aos oídos tiñan que utilizar auriculares e que para que non          rebotaran as balas, todas as paredes e o chan estaba recuberto de caucho.
   Por último, ensináronnos os coches e a motos que utilizaban. O coche que utilizan cando deteñen a unha persoa, ten o asiento de atrás separado por un plástico moi duro para que non poidan agredir aos policías, e as portas soamente se poden abrir dende fóra. Puidemos entrar nel e escoitar a bucina.
                  

                                                                 Kely, Paz e Manuel 4º de primaria.


ESTACIÓN METEOROLÓXICA

INSTRUMENTOS METEOROLÓXICOS

ANEMÓMETRO

Instrumento utilizado para medir a velocidade do vento en km/h.Consiste en cuencos de metal que xiran co vento.

 

CATAVENTOS

Instrumento utilizado para saber a dirección do vento. Consiste nunha lámina de metal que pode ter varias formas. Sinala as distintas direccións: Norte, sur, leste e oeste.

 

PLUVIÓMETRO

Instrumento para saber canta auga caeu nunha zona, medido en mm(milímetros). Consiste nun cilindro de metal por fora para que o sol non evapore a auga acumulada e un cilindro de cristal milimetrado por dentro.

 

TERMÓMETRO

Instrumento utilizado para saber a temperatura dunha zona ou lugar en ºC ou en América en ºF. Está feito dun cilindro de cristal pequeno, con mercurio dentro e unha lámina de madeira ou plástico milimetrado en ºC.

 

ACTIVIDADES NA CLASE

Na clase fixemos un pluviómetro cunha botella de refresco e un plástico milimetrado. Tamen fixemos unha tabla de rexistro na que fomos anotando os ºC, as precipitacions e a dirección do vento. Cos datos do mes de abril fixemos un gráfico. Por último un dos nosos compañeiros buscou en internet como facer un anemómetro de papel, plástico e palliñas.

Feito por Neo López Vázquez e Tomás Leis Bravo.


Distribuir contido


by Dr. Radut