Skip to Content

Equipo Normalización Lingüística

O APALPADOR VISITA O COLEXIO

 

 

Grazas á colaboración da ANPA chegou ao colexio o Apalpador, directamente dende o Courel. Entre contos e cancións transmitiunos o seu amor pola natureza e a necesidade de colaborar tod@s na súa protección.

 

 

OS TRABALLOS DO OUTONO

 

O Magosto é fonte de inspiración para moitos traballos relacionados co outono, sobre todo relacionados coa castaña como froito estrela na nosa provincia. Mirade que traballos máis outonais (clic nas fotografías).
 

     

MAGOSTO 2016

 

 

O 10 de novembro, véspera do S. Martiño, celebramos do Día do Magosto no colexio. Circuito de xogos, fogata, castañas asadas e moita troula. Mirade os testimonios gráficos desta festa tan ourensá.

 

 

 

PORTAS DE MEEEEDOOO...!!

 

Durante a semana do Samaín era espantoso entrar nas aulas, xa que todas as portas estaban decoradas con motivos de mooonssstrooos, bruuuxaass, mooorceegos...

Pero que ben o pasamos elaborando todos os debuxos para contentar aos espíritus do Samaín.

 

 

 

TEATRO NO SAMAÍN

Como corresponde polo Samaín, os espíritus andan vagando polo colexio e inspiran a creatividade d@s alumn@s, tanto que este curso ata tivemos dobre función de teatro cuns personaxes moi medorentos.
Podedes ver de novo as obras de teatro neste enlace.

 
   

FESTIVAL LETRAS GALEGAS 2016

 

O día 21 de xuño celebramos o Festival das Letras Galegas que pon o broche a este curso 2015/16.

Coma sempre houbo un pouco de todo: bailes, teatro, coro... e como non, a entrega de diplomas e bandas de graduación aos alumn@s de 6º de Primaria que deixan o colexio para ir a Secundaria.

Podedes ver a galería de fotos e o vídeo do festival.

Ademáis, @s que queirades descargar a presentación de despedida d@s alumn@s de 6º podedes facelo aquí tamén (instrucións de descarga)

 

 

 

"ADIOS RÍOS, ADIOS FONTES" NO DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

 

O día 24 de febreiro celebramos o Dia de Rosalía de Castro, e para iso os nen@s de Infantil recitaron o poema de Rosalía, "Adios, ríos; adios, fontes".

Pero o mellor e que vexades neste vídeo o ben que o fixemos!!

 

ROSALÍA INTEMPORAL

 

Os alumn@s de 6º montaron esta presentación recitando a poesía de Rosalía de Castro, "Adios ríos, adios fontes", na conmemoración do quincuaséximo segundo Día das Letras Galegas.

 
 

                                       

 

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

 

 

O pasado 17 de maio conmemorouse o Día das Letras Galegas. No centro fixemos moitas actividades para recordar a Xosé María Díaz Castro, o poeta de Guitiriz.

Se queredes ver os traballos realizados en Infantil e Primaria facede clic aquí.

E para ver o video que montaron os alumn@s de 6º facede clic aquí.

 

Para ampliar información aquí.

   

SABEDES QUEN É CURRIÑA?

No curso pasado atopamos a Curriña entre os libros da biblioteca. Xa levaba alí moito tempo, lendo e desordenando, así que a fixemos socia da biblioteca, para que lea e ordene os libros. Ímovola presentar.... Ah, e nomeámola mascota oficial!!
 

 Clicade na fotografía para escoitar a Curriña (se non funcionara podedes oir o arquivo de abaixo)

 

Distribuir contido


by Dr. Radut