Skip to Content

Terceiro ciclo Primaria

ECOSISTEMAS EN 5º

 

Os alumnos de 5º crearon todo tipo de ecosistemas (fondos

mariños, bosques, selvas, pozas...) e despois explicáronlle ao resto

de compañeiros a rede trófica existente (coas relacións entre os

animais, a función que tiña cada ser vivo...).

 

Uns biólogos-artistas!!

 

6º: DOBRAXE NA ESCOLA

 

É unha ferramenta máxica e novidosa, que ademáis de ser capaz de captar a atención dos nosos nenos e nenas, sobre aspectos básicos na comunicación oral (como cadencia, ritmo, intención...). tamén traballa aspectos tan importantes como a concentración, a empatía e o traballo en equipo; ao tempo que motiva aos rapaces e raparigas para se divertiren na nosa lingua.

DE QUE FALAMOS? Da técnica da dobraxe de películas, e concretamente nas películas de animación.
@s alumn@s de 6º asistiron a unha sesión de dobraxe na que o pasaron en grande, e senon lede as súas valoracións neste enlace.

 

5º E 6º: "LA MARAVILLOSA HISTORIA DEL VIOLÍN TROMPETA"

 

 Dentro da programación para Escolares Afundación, asistimos a "La maravillosa historia del violín trompeta", de Fetén Fetén. Un percorrido por diferentes culturas, ritmos, timbres e sonoridades da música popular europea do s. XX para 5º e 6º de Primaria.

Unha viaxe a través dos diferentes ritmos e melodías da música de baile do noso país. Con imaxinación e creatividade convertemos o violín nunha gaivota ou unha vaca! e escoitamos a brisa mariña desde o fol do acordeón. Deixámonos levar polo misterioso e doce son do serrón mentres escoitamos a Ave María de Schubert, paseamos pola Lisboa gris e chuviosa da man do vibrandoneón, e percorremos o vello Madrid da festa e a verbena mentres un stroviol ou violín trompeta murmura un foxtrot ou un valse melancólico.

5º NO SALÓN DE PLENOS DO CONCELLO

 

 

Os alumn@s de 5º visitaron a casa do Concello, coñeceron como se desenvolve un Pleno, así como a historia do edificio, as súas dependencias e funcións. Por espazo dunha hora convertíronse en concelleiros da cidade!!


5º- ENCONTROS CO AUTOR: MANUEL RIVAS

Este curso @s alumn@s de 5º participaron na actividade "Encontros co autor" organizada pola da Concellería de Educación. Primeiro leron a obra de Manuel Rivas "Bala perdida", para logo acudir a unha charla co autor, co que puideron coñecer de cerca o seu traballo e facerlle preguntas relativas á novela que leron.
Unha actividade moi interesante!!

5º: CIRCUITOS ELÉCTRICOS

 

 

Os alumnos de 5º de Primaria adentráronse no mundo da electricidade e, coa axuda das súas familias, elaboraron todo tipo de circuitos eléctricos a cada cal máis orixinal!!

 

 

 

 

CARTAS DE AMOR POLO S. VALENTÍN

Continuan en 6º co obradoiro literario, e desta vez tocou un tema universal: o amor.
Coas súas cartas participaron no segundo "Certame de Cartas de Amor", organizado pola Concellalía de Educación; podedes escoitar algunhas das cartas no video, e lelas todas no pdf.

Neste Certame resultou merecedora dunha mención especial a carta da alumna de 6º, Paula Cueto Vázquez.

Neste enlace podedes ler o que publicou "La Región" sobre este Certame.

 

 

POESÍA DE COLOR

 

 

@s alumn@s de 6º seguen a experimentar coa creación poética, e desta vez o tema é a color.

Mirade que "arco da vella" lírico crearon coas súas poesías.

 

 

POESÍA NO NADAL

 

 

Antes de abandonar a estela do Nadal temos que publicar os poemas que escribiron @s alumn@s de sexto para felicitar a toda a Comunidade Escolar, despois de encargarse da elaboración das figuras e da montaxe do Belén.

 

O SISTEMA SOLAR EN 5º

 

 

Os alumnos de 5º de Ed. Primaria comezaron con moitas ganas o

novo curso. Así que, o que en principio era só un pequeno traballo

en grupo, convertiuse no primeiro documento escrito en libreoffice

con fotos incluidas e a súa primeira exposición oral basada en

maquetas do Universo. Todo un luxo!!

Distribuir contido


by Dr. Radut