Os alumn@s de 6º montaron esta presentación recitando a poesía de Rosalía de Castro, "Adios ríos, adios fontes", na conmemoración do quincuaséximo segundo Día das Letras Galegas.
O pasado 23 de abril conmemorouse o Día do Libro. Coma todos os cursos, fixemos un montón de traballos moi chulos, así que clicade para ver o video e as fotografías dos murais de Infantil e Primaria
Ademáis, os alumn@s de Infantil tiveron unha sesión de contacontos no ximnasio para celebrar este día por todo o alto.
Durante o mes de maio os alumn@s de 3,4 e 5 anos de E. Infantil, e os de 1º a 4º de Primaria, acudiron á exposición de Animación á lectura: "Cómics, Literatura de imaxe", no Museo Municipal.
Alí participaron tamén nun contacontos. Clicade aquí para ver as imaxes
O pasado 17 de maio conmemorouse o Día das Letras Galegas. No centro fixemos moitas actividades para recordar a Xosé María Díaz Castro, o poeta de Guitiriz.
Se queredes ver os traballos realizados en Infantil e Primaria facede clic aquí.
E para ver o video que montaron os alumn@s de 6º facede clic aquí.
O Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense convidou aos alumnos de 3º de Primaria do noso Colexio a participar no obradoiro "Ludus, a xogar como romanos!". Os romanos eran moi afeccionados ó xogo. Nenos e adultos xogaban na casa, na rúa, no foro e incluso cando viaxaban. Moitos dos xogos romanos sobreviviron ata hoxe en día, pero a era dos videoxogos e da Internet provoca que moitos nenos tendan a xogar no interior das súas casas a xogos individuais e moitos xogos dos seus pais e avós, cuxa orixe está en Roma, estean agora en desuso. Con este obradoiro os nenos achegáronse aos xogos cos que se entretiñan os nenos –filius- romanos. Xogos de tipo motriz e intelectual, cos que viaxamos no tempo ata o século I a V, cando os romanos vivían nas nosas terras.
A actividade completouse coa fabricación de xogos que facilitaron unha aprendizaxe lúdica e activa. Esta actividade enmárcase dentro da programación con motivo do Día Internacional dos Museos. Este ano co lema: “Os vínculos creados polas coleccións dos museos”.
CLICADE NA FOTOGRAFÍA PARA VER O RESTO DAS FOTOGRAFÍAS DO OBRADOIRO
O 29 de maio participamos na actividade "Xogando ao atletismo", que se celebrou no Pavillón municipal de Ribadavia. Asistimos con 50 alumn@s do centro, que competiron nas modalidades de velocidade individual, relevos 80 m., lanzamento de balón medicinal, lanzamento de xabalina, salto de altura e salto lateral 30".
A participación foi todo un éxito, tanto polos resultados como polo clima de participación e "competición sen presión", na que todos acadamos o obxectivo de PARTICIPAR!!!
Xa con gana de volver o próximo curso.
E como proba do ben que o pasamos, clicade para ver ou descargar as fotos.
Se queredes ver as marcas e postos acadados polos atletas participantes facede clic aquí
O 15 de maio oa alumn@s de 5º e 6º de Primaria acudiron ao Museo Arqueolóxico de Ourense, onde puideron percorrer o edificio e recibir as explicacións dos arqueólogos sobre a súa evolución histórica, dentro do programa de actos do Día Internacional dos Museos 2014.
Se queredes ver o video da evolución histórica do edificio clicade aquí