Skip to Content

Segundo ciclo Primaria

VISITA AO CONCELLO

O martes 9 de abril as 10:00 da maña os nenos e nenas de cuarto marchamos andando ao Concello a ver o Salón de Plenos. Ao chegar, sentámonos nos sitios dos concelleiros e concelleiras. Algúns d@s compañeiro@s da clase tomaron posesión do seu cargo como alcalde, 1º e 2º teniente de alcalde, secretario e interventor, para o que leron un pequeno texto. Todos eles con trato de “Excmo.” Outros dous formaron parte do protocolo.                                                                                                                

A continuación explicáronnos as partes dos escudos de España, de Galicia e de Ourense, as coroas e as bandeiras. Tiñan nomes realmente complicados como “A coroa do Sacro Imperio Romano e Xermánico”. Rematamos a sesión facendo preguntas á Corporación.

Finalmente marchamos andando outra vez ao cole.

 

(Manuel Cachaldora Borrajo 4º de primaria).

VISITA Ó PARQUE DE BOMBEIROS

 

O pasado xoves 4 de abril os alumnos de 3º de Primaria realizaron unha visita guiada ao Parque de Bombeiros, percorrendo as distintas dependencias e coñecendo as funcións do seu traballo.

Os obxectivos son coñecer a organización e as funcións dos bombeiros como servizo municipal e adquirir actitudes para a prevención de incendios.

Sabedes a altura que alcanza a escaleira despregada do camión....? 42 mts!!!!

(Facede clic na 1ª foto)

 

 

 

 

 

4º PRIMARIA: VISITA Á BIBLIOTECA DA PONTE

 

O mércores 20 de marzo fomos á biblioteca da Ponte. Fixemos o percorrido dende o colexio en autobús urbano. Durante a visita, que durou dúas horas, as monitoras explicáronnos como estaban ordenados os libros. Despois deixáronnos coller libros para miralos. Había libros de todo tipo: libros para ler, libros para ver e incluso para ulir. Tamén nos dixeron que nunha biblioteca deberíamos deixar sempre os libros enriba da mesa para que os responsables poideran colocalos despois no seu andel.

 

   

    (fai clic nas fotografías)

A continuación, fomos á sala de animacion á lectura. Alí Paz e máis eu, lemos un conto que se titulaba “Aladino e a lámpada espantosa”. Logo formamos tres equipos; cada un tiña que elaborar un mini-conto con tres tarxetiñas que contiñan o protagonista, o lugar e os poderes que tiña o personaxe. Os equipos leron cada conto e ao finalizar agasalláronnos cun lapis e un marcapáxinas.

Ángela (4º de primaria)

PARQUE INFANTIL DE TRÁFICO: EDUCACIÓN VIARIA PARA OS ALUMN@S DE 3º

O pasado 27 de febreiro os alumn@s de 3º de Primaria acudiron a actividade de Educación Viaria organizada polo Concello no Parque Infantil de Tráfico (PIT), que está instalado en Expoourense.

Alí conseguiron:

  • Coñecer as normas e adquirir hábitos axeitados para a circulación peonil tanto na cidade coma na estrada.
  • Valorar a importancia e a necesidade de respecto das normas e sinais de tráfico e coñecer o seu significado e bo uso.
  • Adquirir condutas seguras e hábitos correctos fronte ás diversas situacións de tráfico: peón autónomo, usuario do transporte público e privado e condutor de bicicleta poñéndoas en práctica como hábitos dos diferentes contornos: urbano e rural


ESTEREOTIPOS SEXISTAS NOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN

 

"O luns catro de febreiro , tivemos unha charla moi interesante cunha monitora da Concellería de educación. Falamos das cousas que damos por feito que lles gustan aos nen@s e non ten porque gustarlle sempre a un nen@.

Ensinounos unhas fotos na pantalla interactiva da nosa clase, de revistas para nenas e outras para nenos: Princesas, Ben 10, revistas de fútbol, etc.

Tamén estivemos falando do traballo que tiñan que facer antes as mulleres, eso sigue pasando pero menos.Agora os homes traballan máis que antes nas labores da casa.

Ensinounos anuncios moi antigos nos que as mulleres traballaban soamente na casa e cando chegaban os maridos, elas tiñan que estar atentas as súas necesidades, incluso colocabao nun sillón e dáballe unha copa de coñac para que estivera contento e a tratara ben. E no anuncio puña que esa bebida era só para homes!.Analizando os anuncios de deterxentes soamente saían mulleres.

Concluíndo.PARA QUE TODO CAMBIE DEBEMOS COLABORAR NA CASA E NON PENSAR QUE HAI COUSAS PARA NENOS E OTRAS PARA NENAS."

(Paz 4º)

Distribuir contido


by Dr. Radut