Skip to Content

Terceiro ciclo Primaria

POESÍA EN 6º

 

 

Están moi animad@s en 6º coa expresión poética, transmitindo emocións e sensibilidade a moreas. Ollade os seus traballos!!

 

 

 

 

 

 

2º PREMIO NO CONCURSO "GALICIA, AUGA E LITERATURA"

 

 Viaqua e La Voz de Galicia convocaron este ano, no mes de febreiro, o 2º concurso fotográfico Galicia, Auga e Literatura, para escolares galegos de educación primaria e secundaria. As bases do concurso pedían aos escolares que deran a súa visión fotográfica sobre personaxes destacados ou momentos importantes das grandes obras da literatura galega nas que estea presente a auga.

A alumna de 6º, Melisa Fernández Ogando, acadou o 2º premio de categoría infantil.

Melisa di que a auga é un elemento imprescindible para a vida. Como é un recurso esgotable debemos ser coidadosos no seu uso. A auga é vida. E inspirouse nuns versos de Rosalía (Cantares gallegos) que soan así:

¡Que auga tan limpa!

¡Que rica frescura!

Vente a lavar

que é un primor, criatura.


Enlace a "La Voz de Galicia"

 

 

"PAPIS, EU PARTICIPO NA EDUCACIÓN VIARIA"

"Papis, eu participo na educación viaria": este é o lema do concurso de Educación viaria no que participaron @s alumn@s de 5º e 6º do noso colexio, organizado por "Stop accidentes", Concello e Centro Comercial Ponte Vella. Fixéronno nas modalidades de redacción e debuxo, acadando os tres primeiros premios de redacción @s alumn@s do centro Mateo Cruz Núñez e Paula Vázquez Ceinos de 5º, e Sara Iglesias de 6º.

DÍA DO LIBRO 2016

Para conmemorar o Día do Libro (23 de abril) @s alumnos de 5º traballaron co "Lazarillo de Tormes" e tamén fixeron un mural coas súas impresións sobre o que é un libro para eles.

Facede clic nos títulos de abaixo:

 

 

"DESEÑA UNHA XOIA PARA A TÚA NAI"

@s alumnos de 5º participaron no concurso "Deseña unha xoia para a túa nai", convocado polo Colexio Oficial de Xoiaría de Galicia, resultando finalista na súa categoría a alumna do centro, Paula Cueto Vázquez.

O premio consistiu na xoia que deseñou realizada en prata, que podedes visionar nos enlaces seguintes:

Entrega de premios

Album fotográfico entrega premios

Deseños gañadores

Nova publicada en "La Región" online

 

EDUCACIÓN EN VALORES

 

 

@s alumn@s de Educación en Valores de 5º desenvolveron unha campaña de voluntariado para axudar ós anciáns/ás.

Ollade aquí os seus traballos.

 

 

 

EXPOSICIÓNS ORAIS EN 5º

 

"Los alumnos de 5º de primaria hicieron en vacaciones unos trabajos. Unos los hicieron en papel o cartulina, otros en ordenador y otros trajeron objetos para enseñar. Todas las exposiciones eran muy bonitas. ¿Quieres saber de que trataban las exposiciones? !Sí! Pues te cuento. Uno lo hizo sobre la Torre Eiffel, otro lo hizo sobre la Estatua de la Libertad, otro lo hizo sobre fútbol, otro lo hizo sobre videojuegos y yo lo hice sobre las señales de trafico. No te cuento más que son muchos, pero si quieres verlas entra en la web del colegio C.E.I.P Curros Enríquez."

                                                                                                           Alejandro Álvarez López 

 

 

 

GREGUERÍAS DE 5º

 

 

Coa fórmula de Gómez de la Serna, "humor+metáfora", @s de 5º discurriron estas greguerías sobre as letras do abecedario. Lédeas para esbozar un sorriso!!

 

6º NOS "ENCONTROS CO AUTOR"

@s alumn@s de 6º participaron na actividade "Encontros co autor", organizada pola concellería de Educación. Previamente leran "Nena e o mar", de Érica Esmorís, á que puideron facerlle preguntas sobre cómo elaborou a novela e tiveron a ocasión de que lles asinara o seu exemplar.

5º NA EXPOSICIÓN "ÉRASE UNHA VEZ... A FALA!"

O pasado día 17 de decembro os alumnos de 5 º de primaria disfrutamos dunha exposición chamada "A fala".
Pasámolo moi ben e aprendimos moitas cousas como:
a comunicación das bacterias, a evolución dos nosos cerebros, o código morse...

ACTIVIDADES QUE FIXEMOS:
Os humáns somos a única especie coa capacidade de poder falar.
Vimos as diferencias de tamaño entre o cerebro humano e o dun paxaro.
Logo cheiramos o tufo dunha mofeta e do almizcle.
A mofeta cheiraba peor que os calcetíns do meu irmán (e dicir, moi, moi mal ).
Pola contra, o almizcle cheiraba mellor que unha rosa.
Logo aprendimos a escribir o código morse e a ler a linguaxe dos cegos coas nosas mans.
Rematamos vendo a cantidade de idiomas que desaparecen cada día.
FIN!

Paula e Sofía (5º Primaria)

 

 

folleto exposición

 

 

 


 

Distribuir contido


by Dr. Radut