Skip to Content

Terceiro ciclo Primaria

OS DE 5º CON ENERXÍA

Coincidindo co Cumio do Clima en París, @s alumn@s de 5º están traballando o tema da enerxía, e ademais de estudar os circuitos eléctricos, tamén propoñen o uso das enerxías renovables.

Nas fotografías podedes ver varios circuitos elaborados polos alumn@s, e tamén un video explicativo sobre a produción de enerxía eléctrica nun encoro.

Se queredes saber como se produce a transformación de enerxía hidraúica en enerxía eléctrica nun encoro, consultade este video.

 

OS DE 5º FORON Á VENDIMA

 

Xa case é tempo de magosto e toca facer os preparativos, así que imos probar o viño novo da vendima que fixeron os nen@s de 5º de Primaria.

Estaban tan inspirad@s que escribiron estes poemas e debuxaron os carteis para a Festa da Vendima.

Ollade os traballos que nos brinda a imaxinación destes vendimadores!!

 

SEMANA EUROPEA DA MOBILIDADE

 

Aprender educación viaria e ao mesmo tempo facer exercicio san, con este bo propósito colleron a bicicleta os alumn@s de 6º do noso colexio.
Participaron nunha das actividades programadas polo Concello de Ourense dentro da "Semana da mobilidade" , que promove o transporte sostible.

Antes de darlle aos pedais convén coñecer o percorrido. O mellor xeito é facelo a pé, así os nen@s tamén botaron unha carreira para quecer. A primeira obriga antes de coller a bicicleta é poñer todas as medidas de protección, ante todo o casco. Logo toca aprender a conducir e para iso hai que coñecer os sinais e respectalos.

A educación viaria non é o único obxectivo da actividade, tamén se promoven hábitos sans.

Non está de máis tampouco, saber máis de mecánica de bicicletas, polo que poida pasar. Así recibiron unha explicación rápida por parte dun técnico.

 

 

 

 

 

PEÓN, MOITA PRECAUCIÓN

A Asociación Stop Accidentes, en colaboración co Centro Comercial Ponte Vella, entregou os premios do Concurso de debuxo e redacción "Peatón moita precaución", que xira sobre a temática de Prevención e Concienciación de atropelos a peóns en cidades e estradas.

A gañadora na modadlidade de redacción foi a alumna do centro Sara Iglesias, de 5º de Primaria.

 

 

A AUGA VISTA POR BEÑAT

 

 

A proposta de Viaqua e La Voz de Galicia era todo un reto: os escolares tiñan que elixir un poema en galego que lles servise de inspiración para sacar unha foto relacionada co mundo da auga. Ou sexa, unha poesía, unha imaxe e unha explicación persoal sobre o traballo realizado.

Beñat, alumno de 5º de Primaria soupo entender moi ben o espírito deste reto e inspirouse nun poema de Rosalía de Castro («Cantares gallegos»). E xustifica así a súa elección: «Regatos, regueiros, fontiñas? En Galicia (o país dos mil ríos) podemos encontrar fermosísimos recunchos nos que a auga é a protagonista. Rosalía amaba cada recanto da súa terra e reflectiuno, maxistralmente, nos seus poemas».

Misterios da tarde

murmuxos da noite:

cantarte hei Galicia, 

na beira das fontes

XUNTANZA DOS CEIP CURROS ENRÍQUEZ

 

 

 

 

Uns 180 escolares de quinto e sexto de Primaria dos colexios Curros Enríquez de Galicia, celebraron o 21 de maio en Celanova  o seu sexto día anual de convivencia.

É unha actividade organizada pola Fundación Curros Enríquez, que este ano contou coa participación de ambos os dous colexios de Celanova (Curros Enríquez e Sagrado Corazón), ademais dos CEIP de A Coruña e Ourense que levan o nome do poeta celanovés.

@s alumn@s asistiron a concertos didácticos de órgano e tiveron visitas guiadas por Celanova e arredores. Houbo unha gravación do poema de Curros "Virxe do Cristal" e monicreques sobre a mesma na horta da Casa dos Poetas.

 

CONVIVENCIA ESCOLAR EN MANZANEDA

 

@s alumn@s de 6º de Primaria acudiron o pasado 19 de maio ás instalacións da Estación invernal de Manzaneda para celebrar a Gran Festa Fin de Curso 2015 La Región. Alí xuntáronse con máis de 600 compañeir@s doutros centros da provincia e participaron conxuntamente nunha morea de actividades: orientación fotográfica, natación, remontes na telecadeira, circuito de spa, jumping... Que envexa!!

Lede neste enlace as experiencias que viviron ese día: non se esquecerán en moito tempo!

VISITA Á POLICÍA NACIONAL

O día 7 de abril, os alumnos de 6º curso fixemos unha saída á Policía Nacional.

Vimos moitas cousas coma os coches, os chalecos antibalas, o heliporto, as esposas, os calabozos, onde, por certo, había un preso, as salas onde se presentan as denuncias e a oficina de violencia de xénero.

Cando chegamos a oficina de violencia de xénero, o primeiro no que nos fixamos foi nunha imaxe na que se podía ver como un home quería máis á súa muller pero cada vez que a quería máis, a maltrataba máis... Foi moi impactante.

Ao rematar, déronnos un carné infantil de policía.

Foi moi interesante ver como facían o seu traballo.

Paz Calviño e Ruth Grela (6º)

 

EXPOSICIÓNS ORAIS EN 6º

Para finalizar o trimestre dun xeito divertido, decidimos facer algunhas presentacións orais.
Esta vez, os temas foron variados e a timidez desapareceu.
Houbo unha gran variedade de temas: persoal, deportivos, científicos e mesmo para tentar axudar ao planeta ...
Mentres expoñiamos, os demais facían resumos de cada exposición.
Aquí tedes algunhas fotos das nosas exposicións.

DÍA DA MULLER TRABALLADORA

Os alumnos e alumnas de 6º de primaria fixemos unha actividade polo día da muller traballadora.
Cada un escribiu unha frase ou un poema en honor a todas as mulleres que sufren co machismo.

Celébrase o 8 de marzo por ser o cabodeano das mulleres que  morreron defendendo os seus dereitos.

Ruth Grela, Ángeles Cachaldora e Paz Calviño (6º) 
Distribuir contido


by Dr. Radut