Skip to Content

4º: DEIXADE CORRER A VOSA IMAXINACIÓN!

 

 

 DEIXADE CORRER A VOSA IMAXINACIÓN!...Dixo a señorita Riqui" (no libro de lectura "La señorita Riqui es una friqui".

@s nen@s de 4º creamos xoguetes únicos, personalizados e moi creativos. Utilizamos caixas de cartón, latas, botes usados... todo serve para crear!!

TEMOS QUE REUTILIZAR E APOSTAR POR UN CONSUMO MÁIS RESPONSABLE


 

 

25N: CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Tod@s @s alumn@s do centro participaron na elaboración dos lemas contra a violencia de xénero, que colocamos no soportal da entrada para facer visible esta loita na que seguimos dende o noso ámbito.

3º/4º/5º: MASK SELF-PORTRAIT

 

@s alumn@s debuxaron un autorretrato seguindo as instruccións dun vídeo e logo escribiron no interior adxectivos que describen a súa personalidade.

 

 

 

 

INFANTIL: VISITA DOS FRANCISCANOS

 

Os mais cativos recibiron a visita de frei Xan o farrapeiro e Xoana a lavandeira, que lles falaron do legado dos franciscanos na provincia de Ourense. E os mais grandes escribindo con pluma sentíronse como monxes na idade Media!!

 

PRIMARIA: OBRADOIRO DE ESCRITURA MEDIEVAL

 

@s alumn@s de Primaria participaron nas actividades didácticas e de difusión do arquivo historico provincial, coa finalidade de coñecer dunha forma amena e divertida, pero sen esquecer o rigor histórico, parte do rico patrimonio documental co que conta o arquivo.

 

5º/6º: Obradoiros online SEGURIDADE EN REDES

O alumnado de hoxe coñécese como a xeración dos nativos dixitais. A súa vida social e a súa historia xiran ao redor das redes sociais e as comunicacións online, o que se viu reforzado polos últimos acontecementos vividos. Con todo, esta xeración descoñece moitos dos aspectos relacionados coa pegada dixital, os datos e a privacidade, arriscándose a que a súa información se use en beneficio doutras persoas.

Por todo iso, participamos nos Obradoiros online SEGURIDADE EN REDES AfundaciónTV, para adquirir os coñecementos necesarios sobre seguridade en redes.

En formato virtual e sen necesidade de moverse da aula, un equipo de hackers profesionais desenvolveu estes obradoiros, demostrando o sinxelo que é acceder á información privada e achegando ferramentas e hábitos adecuados para facer da nosa contorna dixital unha contorna segura.

Publicación dos criterios e procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, ESO e educación especial en centros públicos e concertados no curso 2020/21

Xúntase a Orde do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2020/21 (código de procedemento ED330E).

 

 A presente orde ten por obxecto establecer os criterios e o procedemento para que os centros docentes públicos dependentes da consellería e os centros privados concertados distribúan máscaras entre alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial no curso 2020/21 (código de procedemento ED330E).

 

Tal e como establece a convocatoria, todos os alumnos e alumnas que contan con axudas de material escolar da Consellería de Cultura, Educación e Universidade no presente curso 2020-21 serán beneficiarios directos das máscaras, polo que neste caso non terán que formalizar ningunha solicitude.

O resto do alumnado −aínda que non conte con axuda de material escolar− tamén poderá beneficiarse do subministro de máscaras sempre que reúna o requisito de renda per capita igual ou inferior a 6.000 euros no exercicio fiscal de 2018. Así mesmo, disporán de máscaras os alumnos que, independente da renda da unidade familiar, estean matriculados nun centro de Educación especial, suxeitos a garda ou tutela da Xunta de Galicia, ou teñan unha discapacidade igual ou superior ao 65%. En todos estes casos, para poder beneficiarse do reparto de máscaras, é obrigado que tramiten a correspondente solicitude no centro, (xunto coa copia do libro de familia ou outro documento que acredite os membros da unidade familiar) cuxo prazo para formalizala permanecerá aberto desde o luns día 16 ata o 27 de novembro.

Modelo de solicitude no arquivo adxunto

MAGOSTO 2020

 

 

O magosto é unha das festas tradicionais que non perdoamos cada curso, e que se presta para facer traballos na aula, xogos no patio e incluír aos escornabots nun xogo relacionado coas castañas. En definitiva, unha festa por todo o alto, que este curso desfrutamos máis que nunca. Mirade que fotos e vídeos!!!

 

                                  

 

 

5º: SEGURIDADE E SAÚDE + cerca da ESCOLA

O curso pasado os alumn@s de 5º participaron nun  concurso sobre Seguridade e saúde co obxectivo de concienciar ao alumnado sobre a importancia destes aspectos na súa vida cotiá.

Resultou merecedor do 3º premio en Galicia, Adolfo Fernández Álvarez. Noraboa!!! Aquí podedes ver o seu traballo.

   

SAMAÍN 2020

 

 Pantasmas, bruxas, arañas...fixeron aparición no cole para celebrar o Samaín. Pasámolo de medo, mentres nos observaban todos estes seres terroríficos.Coa colaboración da ANPA puidemos disfrutar en Infantil e 1º de Primaria dun contacontos no que os protagonistas foron os espíritos dos castrexos de Santomé; e o resto de Primaria do túuuunel do terroooor!!!

 

 
Distribuir contido


by Dr. Radut