Skip to Content

FONDO SOLIDARIO LIBROS TEXTO E AXUDAS LIBROS TEXTO E MATERIAL 2024/25

 ORDE do 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario  de libros de texto e se convocan as axudas para adquirir libros de texto e material  escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación  secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos  con fondos públicos para o curso escolar 2024/25 (códigos de procedemento  ED330B, ED330G e ED330H).

 

TIPOS DE AXUDAS

Fondo solidario de libros de texto: alumnado matriculado en 3º e 4º de Educación Primaria no vindeiro curso.

Axudas para adquirir libros de texto: alumnado matriculado en 1º e 2º de Educación Primaria e Educación Especial no vindeiro curso.

Axudas para adquirir material escolar: Todo o alumnado matriculado en Educación Primaria.

 O alumnado matriculado nos centros e cursos incluídos no proxecto educación dixital  
(E-Dixgal) no curso 2024/25 está excluído da participación no fondo solidario de libros de  
texto e das axudas para adquirir libros de texto. Non obstante, terá dereito á axuda para  
adquirir material escolar, así como ás establecidas nas disposicións adicionais primeira e  
segunda, se reúne os requisitos establecidos nesta orde.

 

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

* Presencial no centro presentando os anexos I e II debidamente cubertos e asinados xunto coa documentación (copia do libro de familia que acredite o número de membros da unidade familiar).

* Realizar a solicitude accedendo á aplicación Fondolibros, e unha vez que teñan cubertos todos os datos deberán gardala, obtendo así o número de solicitude, e posteriormente poderán optar polas seguintes formas de presentación:

Presentación no centro: Neste caso imprimirán a solicitude e o anexo II e presentarannos no centro (debidamente asinados), xunto coa documentación (copia do libro de familia que acredite o número de membros da unidade familiar).

Presentación telemática: na Sede Electrónica da Xunta de Galicia.

 

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN: Do 21 de maio ao 21 de xuño, ambos incluídos.

 

ENLACES DE INTERESE:

DOG 20/5/24

APLICACIÓN FONDOLIBROS

PREGUNTAS FRECUENTES

ANEXO I E ANEXO II

CALENDARIO PUBLICACIÓN LISTADOS

 



page | by Dr. Radut