Skip to Content

XOGANDO AO ATLETISMO

O 29 de maio participamos na actividade "Xogando ao atletismo", que se celebrou no Pavillón municipal de Ribadavia. Asistimos con 50 alumn@s do centro, que competiron nas modalidades de velocidade individual, relevos 80 m., lanzamento de balón medicinal, lanzamento de xabalina, salto de altura e salto lateral 30".

A participación foi todo un éxito, tanto polos resultados como polo clima de participación e "competición sen presión", na que todos acadamos o obxectivo de PARTICIPAR!!!

Xa con gana de volver o próximo curso.

E como proba do ben que o pasamos, clicade para ver ou descargar as fotos.

 

 Se queredes ver as marcas e postos acadados polos atletas participantes facede clic aquí

                            



page | by Dr. Radut