Skip to Content

4º VISITA O SALON DE PLENOS DO CONCELLO

O luns 2 de marzo o alumnado de 4° de primaria, fomos ao Concello, na praza Maior. Entramos no Salón de Plenos e  sentámonos nos diferentes escanos dos concelleiros. O salón era moi bonito, con tódalas paredes pintadas dunha cor salmón. No teito e nas paredes había escudos de Ourense, incluso nos sillóns da mesa Presidencial.

A encargada do protocolo explicounos algunhas cousas sobre as persoas que saen elixidas nas votacións municipais que se realizan cada 4 anos. En total hai 27 concelleiros/as. Algúns nen@s subiron á mesa presidencial e sobre un libro prometeron o cargo coma si foran os novos concelleiros/as. Detrás da mesa habia un retrato do Rei Felipe VI. Ah! Nos escanos dos concelleiros había micrófonos.

Na última parte da actividade explicáronnos as partes dos escudos de España, de Galicia e de Ourense, e o significado de cada unha delas. Sabíades que hai catro tipo de coroas? Pois si. Hai coroa de principe, ducal, real e mural. A coroa real podémola ver na parte de arriba do edificio do Banco de España, na rúa do Paseo.

Lucia, Samuel e Angel de 4°

 



page | by Dr. Radut