Skip to Content

DEPORTE DE ORIENTACIÓN

Nesta semana @s alumn@s de 6º participaron nunha sesión de deporte de orientación no Parque Miño, dentro do programa "Actividade lúdica" do Xogade (Deporte Escolar).

Esta modalidade deportiva consiste en realizar unha carreira, a través dun espazo (normalmente terreo natural), no que hai colocadas un número conocido de balizas, que cada corredor debe encontrar e visitar. O número de balizas, a lonxitude do percorrido (ou extensión do terreo utilizado) e a dificultade do terreo (costas, bosque, obstáculos naturais, etc.) son variables e escóllense en función do nivel dos participantes.

O obxectivo da carreira é completar o percorrido (pasar por todas as balizas) no menor tempo posible valéndose tan só da información aportada polo mapa e en todo caso coa axuda do compás como instrumento de apoio para orientar o mapa e a nós mesmos.

Pasámolo moi ben, así que trataremos de repetir a experiencia en máis ocasións.
     Máis información

HERBARIO

 

Con motivo do día da árbore @s alumn@s de 2º recolleron unha morea de follas para elaborar un herbario e así recoñecer as principais especies de árbores que temos ao noso arredor.

 

CORPOS XEOMÉTRICOS EN 2º

@s alumn@s de 2º fixeron estes corpos xeométricos cos que ademais de afianzar os contidos de mates demostran as súas dotes para a expresión artística.

 

   

LISTAXE DE ALUMNOS E ALUMNAS ADMITIDOS PARA O CURSO 2015_2016

Nos ficheiros adxuntos poden consultar as listaxes de alumnas e alumnos admitidos no centro para o vindeiro curso.

Lembren que entre o 20 e o 30 de xuño deben pasar polo centro para formalizar a matrícula.

 

VIAXE Á IDADE MEDIA II

Dende que comezamos o curso os de Infantil de 4 anos estamos intentando portarnos como Damas e Cabaleiros. A profe Pili levounos ata a Idade Media, cos seus castelos, personaxes da Corte, mercados medievais, costumes... Ata fomos ordenados cabaleir@s polo rei Josh.
Agora presentámosvos os traballos que fixemos e a todos os personaxes que coñecimos.

 

 

A PRIMAVERA CHEGOU

 

 

Coa chegada da primavera xorden moitas flores que nos enchen a vida de colorido, e senon entrade neste xardín no que se converteu a aula de infantil de 5 anos.

VOU AO COLE

 

 

 

Quedounos este traballo tan chuli dos alumn@s de 5 anos de Infantil no tinteiro, pero ainda vai a tempo para que poidades disfrutalo.

 

 

 

 

EXPOSICIÓNS ORAIS EN 6º

Para finalizar o trimestre dun xeito divertido, decidimos facer algunhas presentacións orais.
Esta vez, os temas foron variados e a timidez desapareceu.
Houbo unha gran variedade de temas: persoal, deportivos, científicos e mesmo para tentar axudar ao planeta ...
Mentres expoñiamos, os demais facían resumos de cada exposición.
Aquí tedes algunhas fotos das nosas exposicións.

DÍA DA MULLER TRABALLADORA

Os alumnos e alumnas de 6º de primaria fixemos unha actividade polo día da muller traballadora.
Cada un escribiu unha frase ou un poema en honor a todas as mulleres que sufren co machismo.

Celébrase o 8 de marzo por ser o cabodeano das mulleres que  morreron defendendo os seus dereitos.

Ruth Grela, Ángeles Cachaldora e Paz Calviño (6º) 

SOROLLA EN INFANTIL

 

No noso percorrido polo mundo da pintura deixamos atrás ao "Loco pelirrojo" para converternos en pintores da Luz, como Sorolla.

Mirade que pinturas fixemos basadas nas de Sorolla!!!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut