Skip to Content

DÍA DA ÁRBORE

Outra das conmemoracións que se celebra en marzo (o 21 de marzo) é o Dia Internacional dos Bosques, que convertemos no Día da árbore, coincidindo coa entrada da primavera no hemisferio Norte.

Este curso a Deputación Provincial promoveu unha campaña de divulgación deste día tan presente nas escolas, e enviounos un acivro para plantar no patio do centro. Despois dun concurso de ideas para escoller o nome deste arbusto tan típico da montaña galega coma dos xardíns, resultou bautizado como "ACIVARELO".

 

O acivro do patio, "Acivarelo"

DÍA DO PAI

 

 

 

O día do Pai é unha celebración que no noso país se conmemora o 19 de marzo, pero noutros paises fanno noutras datas (mirade na wikipedia).

Para celebralo, @s alumn@s de 2º fixeron estas postais-tractor e estes pisapapeis tan vistosos. Ollade as fotografías!!!

 

   

OS NOSOS VERSOS

Coincidindo coa conmemoración do Día Internonacional da Poesía (21 de marzo), os alumn@s de 4º participaron na actividade "Os nosos versos", dentro do programa de Animacion á lectura da Concellería de Educación.

O día 19 de marzo acudiron á escalinata de Sta. María Nai, xunto cos cursos de 4º doutros colexios do concello.

Alí recitaron unha poesía, acompañando coa expresión corporal para resaltar os contidos da mesma. Resultou moi emotivo, pero o mellor é que vexades o video e as fotografías para poder comprobalo!!

 
   

AQUALOXÍA: DÍA MUNDIAL DA AUGA (22 MARZO)

O  martes 10 de marzo, a clase de 4° participou nunha actividade sobre a auga.
    Primeiro baixamos á aula de informática para ver un video sobre o percorrido  que fai unha gota de auga ata que sae pola billa no colexio ou na nosa casa, pasando primeiro  pola depuradora e pola potabilizadora.


    Logo fixemos uns divertidos experimentos:

Un deles fixémolo con auga salgada, envasada e auga da billa.Tiñamos que ir probando cada unha de elas e dicir se había algunha diferenza, pois a cor era a mesma. A do grifo e a normal sabían prácticamente o mesmo, pero a outra sabía a mar. Explicáronnos que tiñan un aparato que se utilizaba para controlar o nivel de minerais da auga somente metendoo nela.

    O experimento no que máis nos rimos foi no do globo . O monitor puxo un globo encima da cabeza dun neno e cun acendedor... PUM...!!!. Despois probou cun globo cheo de auga pero non estoupou. Fixemos tamén unha depuradora caseira con diferentes filtros de algodón e filtros de papel  de cafeteira.
    Por ultimo, fixemos un xogo no patio no que participamos todos/as. Por grupos fomos expresando co noso corpo os diferentes sitios por onde pasa o auga dende os ríos ou encoros ata as nosas casas.
   Falamos tamen de como podemos aforrar auga e que cousas debemos facer para NON CONTAMINALA.

Como traballamos moito recibimos UN DIPLOMA de VIXIANTE OFICIAL DA AUGA.


                                         Mateo e Santi de 4°                    

 

 

 

 

4º VISITA O SALON DE PLENOS DO CONCELLO

O luns 2 de marzo o alumnado de 4° de primaria, fomos ao Concello, na praza Maior. Entramos no Salón de Plenos e  sentámonos nos diferentes escanos dos concelleiros. O salón era moi bonito, con tódalas paredes pintadas dunha cor salmón. No teito e nas paredes había escudos de Ourense, incluso nos sillóns da mesa Presidencial.

A encargada do protocolo explicounos algunhas cousas sobre as persoas que saen elixidas nas votacións municipais que se realizan cada 4 anos. En total hai 27 concelleiros/as. Algúns nen@s subiron á mesa presidencial e sobre un libro prometeron o cargo coma si foran os novos concelleiros/as. Detrás da mesa habia un retrato do Rei Felipe VI. Ah! Nos escanos dos concelleiros había micrófonos.

Na última parte da actividade explicáronnos as partes dos escudos de España, de Galicia e de Ourense, e o significado de cada unha delas. Sabíades que hai catro tipo de coroas? Pois si. Hai coroa de principe, ducal, real e mural. A coroa real podémola ver na parte de arriba do edificio do Banco de España, na rúa do Paseo.

Lucia, Samuel e Angel de 4°

 

CARDIOEXPOSICIÓN

Facede clic nas fotografías para ver os traballos dos 4 aspectos que temos que traballar para conseguir un corazón forte e saudable

CARDIO VOLVE AO COLEXIO

O martes 10 de marzo visitounos CARDIO, o protagonista do Proxecto de Saúde Integral (Programa SI!)  dirixido polo cardiólogo Valentín Fuster e promovido polo Concello, no que participan  os alumn@s de Educación Infantil, 1º Ciclo de Primaria e as súas familias, durante este curso 2014-15.
O obxectivo deste programa é previr a obesidade infantil e as enfermidades cardiovasculares mediante a adquisición de hábitos saudables.

Traballamos a alimentación, a actividade física, o coñecemento do corpo e a xestión das emocións.

Xunto con Cardio visitáronnos o alcalde e a concelleira de educación do noso concello, que promove esta iniciativa.

NOTA: Novas fotos no album.

 
   

RECEITAS SAUDABLES EN INFANTIL

Esperando a visita de Cardio decidimos elaborar a nosa merenda do recreo.

@s alumn@s de 3 anos puxeron un posto de brochetas de froitas; que fácil e divertido!

@s de 4 e 5 anos somos maiores e elaboramos "ovos recheos", unha auténtica receita de chef. Adiantámonos á primavera creando unhas fabulosas margaridas comestibles.

Mmmmmm......!! Repetiiiimossss...!!

 

 

NA PROCURA DA CANCIÓN PERDIDA

 

 

O pasado martes 3 de marzo @s alumn@s de Infantil de 4 e 5 anos acudiron ao Auditorio Municipal para ver o contacontos "Na procura da canción perdida".

 O protagonista da historia ten un problema serio. Perdeu unha das cousas importantes para a súa vida: a súa canción de ir a durmir. Así comezou unha viaxe tola a través do mundo, coa axuda dalgúns aparatos tolos e o inestimable colaboración d@s nen@s,que se van a converter en actores e actrices do espectáculo. Chegará a bo porto esta aventura ? Preguntarlle aos nen@s de Infantil!!

 

   

150 ANIVERSARIO PUBLICACIÓN "CANTARES GALLEGOS"

A mañá do 24 de febreiro do 2015, os alumnos de 5º e 6º do colexio CEIP Curros Enríquez asistimos a celebrar o aniversario de Rosalía de Castro, no Espazo Xove, na Casa da Xuventude. Alí limos varios poemas dela e a súa vida.
Ao rematar as lecturas, puxéronnos unha canción que realmente era o poema de Rosalía “Negra Sombra” cantado por Luz Casal e Carlos Núñez.
Mentres, nuns papeliños escribiamos a nosa opinión sobre a saída.
Cando iamos saír pola porta déronnos uns pequenos agasallos: un broche coa cara de  Rosalía para recordala en todo momento  e un poema.
Foi un día marabilloso, inolvidable... Gustaríanos moito repetir a saída aínda que cremos que non será posible.

Paz Calviño, Ruth Grela e Carlos Suárez (6º).
Distribuir contido


by Dr. Radut