Skip to Content

AO TEATRO OS DE 1º E 2º

Alumn@s de 1° e 2° acudiron ao Auditorio para presenciar o teatro de títeres "Os Narigudos", patrocinado por Afundación de Abanca.

 

 

 

 

 

 

 

OS DE 4º NA ESCOLA MUNICIPAL DE ARTES ESCÉNICAS

O pasado venres 27 de febreiro @s alumn@s de 4º de Primaria acudiron á Escola Municipal de Teatro, dentro do programa de actividades

"TEATRO, CINE E DANZA NA ESCOLA"organizado pola concellería de Educación. Alí aprenderon a caracterizarse elaborando vestuario con material sinxelo.

   

CONTACONTOS EN INFANTIL E 1º CICLO PRIMARIA

 

 

 Como remate do entroido e para esquecer o medo de tanta máscara, veu Iago a contarnos un conto que nos deixou moi claro que non hai porque ter meeeedoooo...!!!

 

TÍTERES NO AUDITORIO

A semana pasada os alumn@s de Infantil fomos ao Auditorio para ver "Cuentos de titiritrapo", o fantástico mundo dos animais que viven nos contos e na melodía dun violín.
   

VEU O FRÍO FRIOLÁN

 

 

Veu o frío friolán e @s de Infantil aproveitamos para facer os nosos bonecos, que son máxicos porque non derreten en todo o inverno. Mirade os nosos traballos!!

 

   

ENTROIDO: TRADICIÓN E MODERNIDADE

 

O entroido conxuga perfectamente a tradición coa modernidade, e senon mirade os traballos que fixeron @s alumn@s de Infantil de 5 anos.

 

   

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

24/02/2015 10:52
Europe/London

O vindeiro martes, día 24 de febreiro, ás 17 horas recibiremos no centro a todos os pais e nais que queiran visitarnos de cara a admisión de alumnado para o curso 2015-2016.

 

INVADIDOS POLO ENTROIDO

 

Estamos de Entroido no colexio, e este curso temos representados a case todos os sectores económicos: o sector primario, cos labregos e leñadores (1º e 2º Primaria) e os traballadores do mar (3º e 4º); e o sector terciario, cos cociñeir@s de Infantil e os camareir@s de 5º e 6º.

Mirade que desfile de "currantes" se celebrou o venres de entroido!!

 

.

   

ENTROIDO E NATUREZA

 

A natureza que nos rodea tamén se contaxia do espírito do entroido, e senón mirade as máscaras que deseñaron os alumn@s de 6º coas follas das árbores do patio que caeron no outono.

 
   

UN POBOADO INDIO EN INFANTIL DE 3 ANOS

Os nenos/as de 4º de infantil adentrámonos no mundo dos indios, para coñecelos un pouco mellor. Así descubrimos onde vivían, como cazaban, que comían...; é dicir, moitos dos seus costumes, vestidos, cancións, casas típicas....
Construimos as súas casas (tipis) para experimentar como podían sentirse dentro delas, disfrazámonos de indios e cantamos e bailamos ao son da súa música. Unha experiencia que nos gustou moito.
Pasámolo coma os indios!!! (nunca mellor dito)

   
Distribuir contido


by Dr. Radut