Skip to Content

DÍA DA PAZ 2015

 

                                                       

O Día Escolar da Non-Violencia e da Paz (DENIP) foi declarado por primeira vez en 1964. Xorde a partir dunha iniciativa pioneira non gobernamental, independente e voluntaria , de Educación Non-violenta do profesor español Llorenç Vidal. O seu obxectivo é educar na tolerancia, a solidariedade, a harmonía, o respecto dos Dereitos Humanos, a non violencia e a paz. Neste día, as escolas convírtense en instrumentos de paz e entendemento entre persoas de distinta formación, raza, cultura e relixión.

E para mostra unha galería fotográfica dos traballos feitos polos alumn@s do colexio!

 

ENCONTROS CO AUTOR

A mañá do 28 de xaneiro do 2015 fomos os alumnos de sexto curso do CEIP Curros EnrÍquez ao colexio de Franciscanas, "Divina Pastora", a falar coa autora do libro “Escarlatina a cociñera defunta”, Ledicia Costas.

A experiencia foi moi boa, porque todas as dúbidas que faltaban por resolver xa están aclaradas.

Había varios colexios ademais do noso: Mestre Vide, Divino Maestro e Franciscanas (claramente).

Contounos que escribiu este libro porque de pequena gustáballe moito a cociña e o mundo dos mortos. Tamén nos contou algunhas aventuras que viviu na súa adolescencia.

Para rematar, os puxéronnos un video que se chamaba Lipdance Franciscanas, que trataba do seu entroido no colexio. Mentres, Ledicia adicounos os libros para ter un bo recordo deste día.

Paz Calviño Ruth Grela, Ángeles Cachaldora, Manuel Cachaldora e Aleika Rúa.

VIAXE Á IDADE MEDIA

Dende que comezamos o curso os de Infantil de 4 anos estamos intentando portarnos como Damas e Cabaleiros. A profe Pili levounos ata a Idade Media, cos seus castelos, personaxes da Corte, mercados medievais, costumes...

E por fin, grazas a un rei que veu de moi lonxe, "O rei Josh", fomos armad@s cabaleir@s.                

Con este exército o honor do colexio está a salvo.

PROGRAMA "OURENSE SABE ACOLLER"

O centro de Desenvolvemento de Abanca acolleu a cerimonia de entrega dos premios “Ourense sabe Acoller” organizados pola Concellería de Benestar Social.
O obxectivo deste programa é promover a convivencia entre persoas de diferentes países e transmitir unha soa mensaxe: "TODOS SOMOS IGUAIS".

Había tres categorías: debuxo, poesía e relato curto.

Na categoría de poesía resultou galardoado o alumno de 5º noso centro, Alejandro Grande Fernández.

Parabéns para Alejandro !!                

NOTA: Tamén saíu publicado na prensa local

   

5º E 6º NO PARQUE INFANTIL DE TRÁFICO

        

Os alumnos de 5º e 6º fomos ao Parque Infantil de Tráfico (EXPOURENSE). É coma unha pequena cidade na que te ensinan cousas sobre o tráfico. O monitor dos alumnos de 6º foi Manuel, un Policía Local, e o de 5º, Fina.

Ensináronnos como conducir pola cidade, os sinais de prohibición, os obrigatorios e os informativos; os semáforos, as rotondas ... Despois de aprender a utilizalos, fixemos algúns percorridos correndo.

Ao rematar todo, collemos os cars e as bicicletas por quendas, e mentres unha clase estaba na "mini cidade" cos cars e as bicicletas, os demais esperaban vendo unha película con Fina sobre algúns comportamentos dos animais similares aos dos humanos e tamén como manexar a bici na cidade.

Para finalizar, os alumnos de 6º curso fixemos uns lemas sobre o Parque Infantil de Tráfico; veredelos agora nas imaxes que poremos a continuación.

 

Ángeles Cachaldora (6º)/ Ruth Grela (6º) / Paz Calviño (6º)

Moitas grazas a todos.           

AS PLANTAS MEDICINAIS

@s @alumn@s de Infantil, coa axuda d@s súas nais/pais, fixeron estes traballos sobre as plantas medicinais que agora están expostos no corredor da planta baixa do centro.

Traballáronse tres variedades: macela (Infantil 3 anos), ourego (Infantil 4 anos) e lavanda (Infantil 5 anos).

Despois do viño ecolóxico (sen alcohol) e coas infusións que fagamos con estas tres plantas medicinais tan apreciadas, imos pasar un bo inverno.

 

A VENDIMA EN INFANTIL

@S alumn@s de Infantil de 4 anos fixeron este ano a vendima, e agora toca probar o viño novo (ecolóxico e sen alcohol).

Entrade na adega e catade o traballo destes vendimadores. 

 

 

 

CURRIÑA A BIBLIOTECARIA

O curso pasado, @s alumn@s que este ano están en 4º de Primaria fixeron estes comics sobre o conto de Curriña, a mascota da biblioteca. Tédela visto? Fixádevos o próximo día que vaiades á biblioteca. Mentres tanto ollade estes cómics e o conto de Curriña. 

 

 COMICS CURRIÑA CONTO CURRIÑA

CONCERTO DE NADAL

@s alumn@s de 4º ofrecéronnos un miniconcerto, para amosar aos seus compañeir@s os seus avances no dominio do instrumento. Todo esto nun contexto de ledicia polas inminentes vacacións de Nadal e cun punto de tristura pola marcha da profe "Tati".

 

 
   

MERENDA DOS FROITOS DE OUTONO

 

@S NEN@S de Infantil de 3 anos celebraron no cole a merenda dos froitos do outono. Rico, rico...!!!

Comeron avelás, améndoas, noces, mazás, peras, grandas, uvas e marmelo. Todo riquíiiiisimo!!!

Pero o que máis lles gostou forn as améndoas e as avelás, que desapareceron nun abrir e cerrar de boca; nunca mellor dito!!

 
   
Distribuir contido


by Dr. Radut