Skip to Content

CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL

Velaquí as postais gañadoras do concurso deste ano nas categorías de Infantil, 1º, 2º e 3º Ciclo de Primaria.

Coma sempre, cheas de colorido e sabor a Nadal...    

 
   

AS ESTRELAS DE INFANTIL

@s alumn@s de Infantil fixeron estas estrelas de Nadal coa colaboración das nais/pais.

Podedes miralas polo miudo no álbum fotográfico.

   

FASE PREVIA CAMPIONATO ESCOLAR DE CAMPO A TRAVÉS

Na mañá do xoves 11 de decembro celebrouse nas instalacións de Monterrey a Fase previa do Campionato Escolar de Campo a Través. O tempo respetounos, xa que ademais de non chover, ata houbo unha boa temperatura para correr, xa que luciu o sol nalgún momento.

Acudimos con oitenta atletas, dos que compre resaltar un bo rendemento en todas as categorías. Participamos nas categorías de benxamín, alevín e infantil masculino e feminino.

Compre destacar o 2º posto de Ismael Súarez en benxamín, e o 3º posto de Paz Calviño en infantil.

Parabéns a todos os participantes, e a preparar con ilusión o Cross do próximo curso!!!

CLASIFICACIÓN CROSS ESCOLAR

 

VAI CHEGANDO O NADAL

 

Vai chegando o Nadal, notámolo ao entrar no colexio, nos corredores , nas aulas,e senon mirade que ambientado está o centro.


 



 

 

OS DE INFANTIL DE 4 ANOS NO CONTACONTOS

Como os de 4 anos xa se senten maiores, queren dar a volta ao mundo con Peky. Para ir collendo folgos Sabela contoulles un conto de "maletas". Máis adiante elaborarán eles o seu propio conto. 

 

 

1º E 2º NA PROXECCIÓN DE "O PEQUENO MAGO"

Alumnos de 1° e 2° de E. Primaria no Auditorio, onde asistiron á proxección do filme: "O Pequeno Mago".  20-11-2014

 

   

OS ARTISTAS DE 6º

 

Os alumnos de sexto fixemos unha actividade moi
divertida con liñas rectas e curvas.
Somos uns artistas perfectos . . .
con estas imaxes veredes a realidade.

   

EXPOSICIÓNS ORAIS EN 6º

Aquí vos traemos estas exposicións

que fixemos con toda ilusión

e son merecedoras da vosa atención.

Esperamos que con este proxecto

aprendades novedosos coñecementos.

RUTH GRELA


 

Nesta clase

houbo explicacións.

Sobre a danza,

e Mafalda;

o cancro,

e Alemania;

os koalas,

e os tsunamis.

E tamén biografías,

como a de Rosalía.

Foron todas moi fermosas

e tamén moi costosas

ÁNGELES CACHALDORA

 

 

Exposicións orais fixemos

moi divertidas por certo.

Pero non podo escoller

porque estiveron todas ben.

Caladiños temos que estar

para poder escoitar,

porque quizais esta é

a mellor para escoller.

PAZ CALVIÑO

 

 

 

VAN GOGH E OS DE INFANTIL DE 4 ANOS

Entre azuis e amarelos andiveron os alumn@s de 5º de infantil para pintar estes cadros de Van Gogh que tanto locen na galería de arte na que se convertiu a aula. Entrade e ollade, non volo perdades...

 

 

   

OS TRABALLOS DO MAGOSTO

Aquí tedes os traballos sobre o magosto que fixeron os alumn@s de Infantil e Primaria: moitos, moi chulis e moi castañeiros...

 

     
Distribuir contido


by Dr. Radut