Skip to Content

MAGOSTO: XOGOS E CASTAÑAS

 

O pasado venres día 7 celebramos o magosto: fixemos un circuito de xogos

no que participamos todos os nen@s do colexio, e despois comemos as castañas asadas, para matar a fame que nos entrou de tanto correr. Mirade que ben o pasamos...!!

 
     

TEATRO EN INGLÉS

 

O 27 de outubro os alumn@s de 3º e 4º de Primaria asistiron á representación teatral: "The Brave, Little Mary" no Auditorio Municipal de Ourense, onde se divertiron moito á vez que practicaron o seu inglés!

 
 "The Brave, Little Mary"
   

OS DE 4º VAN AO TEATRO

 

O 29 de outubro os alumn@s de 4º de Primaria asistiron a unha función teatral: "Antía, Wamba e o regato pequeno" no Auditorio Municipal, pasárono tan ben que ata participaron na obra, neste cole temos uns grandes artistas!!

 

   

AÍ VEN O SAMAÍN...!!!

Neste outono tamén celebramos o Samaín. Brincamos e bailamos con esta música tan marchosa que podedes oír nos vídeos dos traballos que fixemos en Infantil e Primaria: pantasmas, cabazas, espíritos...  Que ben o pasamos!!!

   

CHEGOU O OUTONO

 

Chegou o outono e os alumn@s de Infantil fixeron un montón de traballos para celebrar a caída da folla. Mirade neste enlace os traballos.

E tamén, como non, chegou o outono en Primaria, senon mirade a recolleita de froitos que fixeron os de 2º

 

                                                                                                        

     

INICIO DO CURSO 2014-2015

As clases comezan o vindeiro mércores, día 10 de setembro. O horario do primeiro día será de 11 a 14 horas.

O comedor comeza tamén o día 10 co horario habitual.

Os pais/nais do alumnado de 4º de Educación Infantil (tres anos) terán unha reunión coa titora ás 11:15.

 

PROXECTO EXPERIMENTAL E-DIXGAL


A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publicou o 22/04/2014 unha Resolución pola que se convocaba a selección de centros para participar no proxecto experimental "Educación dixital" durante o curso 2014-2015.

O proxecto Educación Dixital (E-DIXGAL) ten como obxecto favorecer a incorporación xeneralizada das tecnoloxías da información e da comunicación (TIC) no desenvolvemento da actividade educativa, facilitando aos centros adscritos á Rede Abalar a dispoñibilidade de libros e outros materiais dixitais cos cales poidan desenvolver o seu proxecto na tota­lidade do currículo de 5º de educación primaria no curso 2014/15, ampliándose a outros cursos e etapas nos anos seguintes.

Os centros adscritos a este proxecto terán acceso a unha contorna virtual de aprendi­zaxe cos contidos gratuítos proporcionados pola Consellería de Cultura, Educación e Or­denación Universitaria. Os centros deberán utilizar, se é o caso, exclusivamente materiais dixitais na totalidade das materias, que poden proceder desta contorna e/ou ser proporcio­nados polo centro.

O NOSO CENTRO FOI SELECCIONADO PARA A SÚA INCORPORACIÓN NESTE PROXECTO EXPERIMENTAL DE UTILIZACIÓN DE LIBROS DIXITAIS, POLO QUE AS FAMILIAS DO ALUMNADO QUE NO CURSO VINDEIRO ESTÉN EN 5º DE PRIMARIA, NON SOLICITARÁN AS AXUDAS DE LIBROS DE TEXTO PORQUE NON TERÁN QUE MERCALOS. 

Si que deberán mercar o resto do material que está especificado.

A principio de curso realizaremos unha reunión informativa coas familias para explicar detalladamente o desenvolvemento do proxecto e aclarar dúbidas.

 

FESTIVAL LETRAS GALEGAS 2014

 

O pasado 13 de xuño celebramos o Festival das Letras Galegas, e aproveitamos para despedir o curso, para despedir aos alumn@s de 6º que se van ao Instituto o curso próximo, e tamén para pasalo moi ben...

E senon, mirade as fotos e o video que gravamos.

 

   

REI E RAÍÑA DA FROITA

 

Os alumn@s de 6º de Educación infantil, da clase das froitas, axistiron a coroación do Rei Juanjo e a Raíña Isabel que acadaron o trono tras ser os alumnos que máis veces comeron froita na merenda do cole…. Todos os días!!!
Martín, Javier e Manolo estiveron a punto de arrebatarlles a coroa… Pero en realidade foi una dura batalla entre toda a clase… Noraboa!!! Cardio está moi contento!

Mirade aquí o resto das fotografías.

   

ROSALÍA INTEMPORAL

 

Os alumn@s de 6º montaron esta presentación recitando a poesía de Rosalía de Castro, "Adios ríos, adios fontes", na conmemoración do quincuaséximo segundo Día das Letras Galegas.

 
 

                                       

 
Distribuir contido


by Dr. Radut