Skip to Content

THE HOUSE

 

 

Na clase de Arts fixemos as partes da casa con caixas de zapatos e plastilina.

A unidade chámase "Rooms in my house" e practicamos o vocabulario das habitacións: livingroom (sala), kitchen (cociña), bedroom (dormitorio) e bathroom (baño).    

Facede clic aquí para ver o video dos traballos elaborados e nas fotografías para velas con máis detalle.

 

 

 

 

Tamén traballamos o vocabulario dos mobles da casa: sofa, chair (silla), table (mesa), bed (cama), toilet, sink (pila), computer, shower (ducha), cooker (cociña)...  
e outros elementos que podemos atopar na casa: mascotas (cat, dog, duck), girl, scales (báscula), food...

 

  Coas tapas das caixas fixemos parques e xardíns con: estanques (pond), árbores (tree), columpio (swing), flores (flowers), arenero (sandpond), snail (caracol), ladybird (xoaniña)...
 

 

O HOME DO SACO...!!!

 

 

 

O contacontos chegou ao colexio para contarlles aos alumn@s de Infantil, 1º, 2º e 3º de Primaria unha historia do "Home do saco".

Como vedes nas fotos non pasaron meeeedo... ningún, senon que riron a escachar.

   

ENTROIDO 2014

Chegou o entroido e coma todos os anos, desfilamos arredor do colexio disfrazados de...

Se queredes sabelo facede clic nas fotografías para ver o desfile paso a paso.

   

DÍA DA PAZ EN PRIMARIA

O día 30 de xaneiro tamén nos lembramos en Primaria de conmemorar o Día Escolar da Paz, e para que nos creades facede clic no enlace ou na fotografía para ver o vídeo dos nosos traballos
   

DÍA DA PAZ EN INFANTIL

 

 

O 30 de xaneiro conmemoramos o día Escolar da Non Violencia e a Paz.

Para elo, en Infantil elaboramos estes murais que podedes ver neste vídeo 

 
   

SABEDES QUEN É CURRIÑA?

No curso pasado atopamos a Curriña entre os libros da biblioteca. Xa levaba alí moito tempo, lendo e desordenando, así que a fixemos socia da biblioteca, para que lea e ordene os libros. Ímovola presentar.... Ah, e nomeámola mascota oficial!!
 

 Clicade na fotografía para escoitar a Curriña (se non funcionara podedes oir o arquivo de abaixo)

 

HAI UN BONECO DE NEVE NO COLE?

 

Co frío chegou este boneco de neve que elaboraron na clase de Infantil de 3 anos,

acompañado polos pingüíns para que teña con quen xogar.

   

O APALPADOR

 

 

Os nen@s de infantil tamén coñeceron a figura do Apalpador,

ese xigante da montaña lucense do Courel que visita aos pequen@s a noite do 24 de decembro,

para ver se comeron abondo durante o ano e deixarlles algún regalo.

 
   

OS NOSOS ARTISTAS

 

Na clase das froitas remataron o proxecto "Os nosos artistas" adicado a pintores e escultores da nosa cidade.

Os nen@s son os verdadeiras artistas destas obras.

 

Clicade na fotografía para ver o libro do proxecto

   

CHEGA O NADAL

 

Xa chega o Nadal, e o colexio vístese de gala para recibilo.

Cos mellores desexos para toda a comunidade educativa,

BO NADAL E FELIZ ANINOVO!!

 

Clicade nas fotografías para ver os traballos de Infantil e Primaria

 
Distribuir contido


by Dr. Radut