O equipo de Biblioteca pon en marcha o Álbum Literario. En cada álbum haberá unha selección de obras moi variadas tocando temas como: inclusión, aprender a pensar, poesía, teatro, cómic, manga, historia... A lectura dos títulos propostos dará dereito a conseguir o cromo correspondente para colocar no álbum.
A ler e coleccionar!!!
|
|
Entregáronse os premios aos mellores lectores de cada ciclo de Primaria que gañaron o concurso de Trivial organizado por Biblioteca Creativa en colaboración con Polos creativos.
|
|
Na semana do Samaín o alumnado de Primaria participou no Trivial Literario, no que respondían a preguntas sobre títulos adaptados á súa idade que lles correspondían despois de tirar as cabazas-dado, levando os cinco últimos clasificados como premio un anel con forma de caveira que se imprimiron coa impresora 3D.
|
|
Dende a biblioteca fíxose entrega dos premios aos gañadores do TRIVIAL LITERARIO e do CONCURSO DE BOOKTUBERS que realizamos para conmemorar o Día DO LIBRO. Podedes ver os seus traballos nos enlaces que adxuntamos.
|
|
Inma Soto presentounos o seu conto sobre a nosa natureza, "Xela, superheroína de aldea" que pon en valor os nosos recursos e busca que as persoas miúdas queiran coidar o territorio. |
|
@s alumn@s de 1º e 2º de primaria visitaron a Biblioteca Nodal "Nós", onde coñeceron os recursos e os recunchos desta Biblioteca referente en Galicia, cun xogo de pistas co que percorreron as instalacións.
|
|
Todo o alumnado do centro participou no Trivial Literario, no que respondían a preguntas sobre títulos adaptados á súa idade que lles correspondían despois de tirar os superdados coas portadas dos libros seleccionados. |
|
Dentro das actividades da Semana do Libro, tivemos un obradoiro de cómic dirixido por Simón, que nos ensinou distintas técnicas para expresarnos por medio da banda deseñada!
Para completar o programa tamén traballamos o cómic dixital, para elo @s alumn@s de 6º fixeron de guías para o resto dos compañeir@s!!
|
|
|
|
Dende a Biblioteca deseñouse un xogo, Pasapalabra robótico ( Escornabots ), un conxunto de preguntas relacionadas con libros de temática feminista dos que dispoñemos na biblioteca. |
|