Esta actividade forma parte do programa educativo do Concello de Ourense, realizada no noso centro para nenos/as de 6º de infantil. Xogando traballouse a observación, memoria, expresión oral e corporal, coordinación e coñecemento de palabras en lingua galega sobre diferentes temáticas...
|
|
|
|
Os alumn@s de 4° e 5° de Infantil foron de excursión á granxa escola de Lodoselo, onde puideron interaccionar cos animais, amasar o seu propio bolo de pan e disfrutar do xardín sensitivo. Un día cheo de experiencias!!
|
|
Para Infantil tamén tivemos un contacontos con motivo do Día Internacional das mulleres (8M) coa colaboración da Concellería de Igualdade.
“A gran pequena inventora,” levado a cabo pola compañía TRÉMOLA TEATRO, coa finalidade de concienciar e sensibilizar ao alumnado en materia de igualdade. Sinopse do contacontos: A Laura encántalle inventar cousas, por casualidade crea unha piña que fala, e coa axuda da súa nova amiga vivirá aventuras incribles cheas de pompas, música, bailes... aínda que Laura é pequena e unha gran inventora, pero para que as súas creacións funcionen precisamos da vosa axuda!
|
|
|
|
Os alumn@s de E. Infantil de 3, 4 e 5 anos aproveitamos a primavera para preparar a nosa horta. Plantamos leitugas, tomates, fresas,cebolas... Coidámola cada día e vimos as nosas plantas crecendo pouco a pouco. Ademais puidemos probar as nosas fresas, estaban deliciosas!!!
|
@s alumn@s de Infantil de 5 anos celebraron a súa graduación en Infantil e o pase a Primaria. Discurso de despedida, entrega de orlas e bandas e moitos bicos e agradacementos á profe Esther e ó equipo de profes, que os guiou durante os tres cursos de Infantil.
|
|
|
|
@s alumn@s de 6º de Infantil pasaron un bo intre estimulando a creatividade para elaborar as caras de persoas e animais cos complementos máis insospeitados!!!
|
|
@s nen@s de 3, 4, e 5 anos fixemos un experimento moi divertido. Queredes saber cal???
Fixemos neve!!!
Descubrimos o fría que estaba, xogamos con ela e por último fixemos un bonito boneco de neve.
Foi moi divertido e pasámolo xenial!!!
|
|
|
|
|
Á volta do Nadal @s alumn@s de Infantil descubriron un montón de regalos que os Reis lles deixaron para as súas aulas. Que ben o imos pasar!!!
|
@s alumn@s de Infantil tamén nos felicitan o Nadal. Mirade os seus traballos e as cancións coas que nos alegran estas datas!!
|
|
Os mais cativos recibiron a visita de frei Xan o farrapeiro e Xoana a lavandeira, que lles falaron do legado dos franciscanos na provincia de Ourense. E os mais grandes escribindo con pluma sentíronse como monxes na idade Media!!
|
|