Skip to Content

Entradas recentes

ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2024-25

 

PROCESO DE ADMISIÓN

 

Normativa de aplicación

INFORMACIÓN CURSO 2023/24

 

 

FONDO SOLIDARIO LIBROS TEXTO E AXUDAS LIBROS TEXTO E MATERIAL 2024/25

 ORDE do 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario  de libros de texto e se convocan as axudas para adquirir libros de texto e material  escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación  secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos  con fondos públicos para o curso escolar 2024/25 (códigos de procedemento  ED330B, ED330G e ED330H).

 

TIPOS DE AXUDAS

Fondo solidario de libros de texto: alumnado matriculado en 3º e 4º de Educación Primaria no vindeiro curso.

Axudas para adquirir libros de texto: alumnado matriculado en 1º e 2º de Educación Primaria e Educación Especial no vindeiro curso.

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA DO ALUMNADO DE NOVA ADMISIÓN CURSO 2024-25

 

Entre o día 20 e o 30 de xuño deben pasar polo centro formalizar a matrícula do alumnado de nova admisión.

O horario de presentación en secretaría será de 10 a 13 horas.

 

DOCUMENTACIÓN MATRÍCULA INFANTIL 

LISTADOS DEFINITIVOS ADMISIÓN CURSO 2024/25

Publicadas as listaxes definitivas de admisión alumnado para o curso 2024/25. Poden consultarse no taboleiro do centro ou ben en AdmisionAlumnado con certificado dixital ou chave 365.

Recorden que o prazo de matrícula para @s admitid@s será do 20 ao 30 de xuño.

DÍA DOS MUSEOS: Obradoiro de Arqueoloxía

Para conmemorar o Día dos Museos o alumnado de 4° e 5° de Primaria participou nun obradoiro de Arqueoloxía dirixido por Begoña (Xeitura) e organizado polo Museo Arqueolóxico.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2024: Luisa Villalta

Este ano o Día das Letras Galegas está adicado a Luisa Villalta. Foi unha escritora, docente e violinista galega. Unha intelectual que traballou en distintos campos, e en todos ben: poesía, teatro, narrativa, ensaio, música e colaboradora habitual en xornais e revistas.

Foi unha muller feminista, ecoloxista e amante da nosa lingua, comprometida cos movementos culturais e sociais como a Festa da Palabra Silenciada e Burla Negra, e formou parte da Mesa pola Normalización Lingüística e da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.

Luísa Villalta é a sexta muller homenaxeada nas 61 edicións.

LETRAS GALEGAS 2024

Xa chegou a primavera ao noso cole. E con ela o mes das NOSAS LETRAS
Este ano homenaxeamos a Luísa Villalta e para elo contamos coa colaboración dos nosos nenos e nenas.

 

 

SEMANA DO LIBRO: Presentación álbum literario

O equipo de Biblioteca pon en marcha o Álbum Literario. En cada álbum haberá unha selección de obras moi variadas tocando temas como: inclusión,  aprender a pensar, poesía, teatro, cómic, manga, historia... A lectura dos títulos propostos dará dereito a conseguir o cromo correspondente para colocar no álbum.

A ler e coleccionar!!!

SEMANA DO LIBRO 2024

 

Na semana do Libro o Equipo de Biblioteca propuxo varias actividades para animar á lectura aos nos@s alumn@s:

TRIVIAL LITERARIO DE CÓMIC E MANGA
APADRIÑAMENTO LECTOR
BIBLIOCARRO NOS RECREOS
Distribuir contido


by Dr. Radut