Para conmemorar o Día dos Museos o alumnado de 4° e 5° de Primaria participou nun obradoiro de Arqueoloxía dirixido por Begoña (Xeitura) e organizado polo Museo Arqueolóxico.
|
|
Este ano o Día das Letras Galegas está adicado a Luisa Villalta. Foi unha escritora, docente e violinista galega. Unha intelectual que traballou en distintos campos, e en todos ben: poesía, teatro, narrativa, ensaio, música e colaboradora habitual en xornais e revistas.
Foi unha muller feminista, ecoloxista e amante da nosa lingua, comprometida cos movementos culturais e sociais como a Festa da Palabra Silenciada e Burla Negra, e formou parte da Mesa pola Normalización Lingüística e da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.
Luísa Villalta é a sexta muller homenaxeada nas 61 edicións.
|
|
Xa chegou a primavera ao noso cole. E con ela o mes das NOSAS LETRAS Este ano homenaxeamos a Luísa Villalta e para elo contamos coa colaboración dos nosos nenos e nenas.
|
|
|
Esta actividade forma parte do programa educativo do Concello de Ourense, realizada no noso centro para nenos/as de 6º de infantil. Xogando traballouse a observación, memoria, expresión oral e corporal, coordinación e coñecemento de palabras en lingua galega sobre diferentes temáticas...
|
|
|
|
Científic@s da UVigo dirixiron varios obradoiros encamiñados a conseguir que o noso alumnado saiba escoller alimentos saudables a través da interpretación das etiquetas!
|
|
|
|
@s alumn@s do Conservatorio mostráronnos como soan os instrumentos das diversas familias para animar ós nos@s nen@s a completar a súa formación musical no CMUS de Ourense.
|
|
@s alumn@s de 3° e 4° de Primaria participaron neste obradoiro organizado polo Sergas co obxectivo de adquirir coñecementos básicos de primeiros auxilios e dar resposta a situacións de emerxencia...
|
|
Dentro do Plan Director desenvolvido pola Policía Nacional está a formación d@s nos@s nativ@s dixitais de 6º de Primaria en Ciberseguridade para que poidan navegar na Rede sen riscos. Despois de varias charlas no centro o alumnado participante recibiu un diploma que foi entregado nas instalacións da Comisaría. Grazas por axudarnos a formar ós nos@s alumn@s!!
|
|